Rita Rapp

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Rita Rapp
Rita Rapp with Apollo 16 food containers.jpg
Nacemento25 de xuño de 1928
 Piqua
Falecemento12 de xullo de 1989
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterUniversity of Dayton, Saint Louis University School of Medicine, Universidade de Giessen e Saint Louis University
Ocupaciónfisiólogo
PremiosMedalla o Servizo Excepcional da NASA, Federal Woman's Award e Col. Rohland A. Isker Award
editar datos en Wikidata ]

Rita Rapp, nada en Piqua (Ohio) o 25 de xuño de 1928 e finada o 12 de xullo de 1989,[1] foi unha fisióloga estadounidense que dirixiu o equipo do sistema de alimentación do Apollo.[2] Gañou unha medalla ao servizo excepcional da NASA, o premio á muller da Comisión de Servizo Civil dos Estados Unidos e o premio aos ex alumnos distinguidos da Universidade de Dayton. Unha placa na súa honra figura no Centro Espacial Johnson.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Rapp Rapp estudou na Piqua Catholic High School.[3] Licenciouse en Ciencias pola Universidade de Dayton en 1950. Foi unha das primeiras mulleres en ingresar na Facultade de Medicina da Universidad de Saint Louis e graduuse en 1953. Completou a súa investigación de posgrado e a súa formación en fisioloxía na Universidade de Giessen.[4]

Carreira[editar | editar a fonte]

Rapp incorporouse á base aérea de Wright-Patterson en 1953, onde traballou nos laboratorios aeromédicos. Estudou o impacto das altas forzas g no corpo humano.[1]

En 1960, Rapp uniuse ao Grupo de Traballo Espacial e traballou nos efectos centrífugos.[1] Tras o inicio do programa Apollo en 1966, Rapp uniuse ao equipo de sistemas alimentarios do Apollo, que estudaba a estiba dos alimentos no espazo.[5] Traballou con Whirlpool Corporation e con dietistas para identificar formas de envasar e preparar os alimentos no espazo.[1] Era a principal ligazón entre o laboratorio de alimentos e os astronautas. [1]Tentou utilizar a maior cantidade posible de alimentos dispoñibles no mercado.[6] Os astronautas pedían torta de cabaza e mestura de froitos secos, pero a súa comida favorita era a crema de pito.[7] As súas galletas de azucre eran especialmente apreciadas pola tripulación . Preparaba as comidas de cada astronauta do Apolo por separado e cada un utilizaba utensilios de comida codificados por cores.[8][9]

En 1962 trasladouse ao Centro de Naves Espaciais Tripuladas do Centro Espacial Johnson. En 1971 concedéuselle o Premio Federal á Muller da Comisión de Servizo Civil dos Estados Unidos polas súas "extraordinarias contribucións ao programa Apolo". Foi a primeira muller do Centro de Naves Espaciais Tripuladas en ser seleccionada para o premio, que era o máis alta honra do goberno federal. Os seus desenvolvementos foron populares máis aló da NASA e utilizáronse no mercado comercial de alimentos.

Cando comezou o Skylab en 1973, Rapp dirixía un equipo de 30 persoas. Durante o Skylab, Rapp determinou que os astronautas necesitan consumir unhas 3.000 calorías ao día. Foi a primeira muller en gañar o premio Isker de Research & Development Associates For Military Food & Packaging Systems en 1975 en recoñecemento ás súas contribucións á preparación de alimentos e á investigación de colectores. Contribuíu ao informe do proxecto de probas Apolo-Soyuz da NASA en 1977. En 1980, Rapp recibiu o Premio aos Antigos Alumnos Distinguidos da Universidade de Dayton. En 1981 recibiu a Medalla ao Servizo Excepcional da NASA. Conservou alimentos mediante deshidratación, termoestabilización, irradiación e control da humidade[10] En 1986 publicou o Space Shuttle Food-System Summary con Connie Stadler.[8]

Rapp foi recoñecida como pioneira da alimentación espacial.[11] Hai unha colección de arquivos relacionados con Rapp na Biblioteca de Piqua.[4] A súa biografía apareceu no libro de Libby Jackson A Galaxy of Her Own: Amazing Stories of Women in Space [12]. Unha placa que recoñece o compromiso de Rapp coa seguridade, a saúde e a comodidade da tripulación da NASA, colga no Centro Espacial Johnson.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "The Woman Who Got Real Food to Space". 2018-04-09. Consultado o 2018-08-27. 
  2. Lorenzo, Nieves; Iglesias, Encina Calvo (2020-04-18). "Ellas nos llevaron a la Luna". Ciencia, Técnica y Mainstreaming Social (en castelán) 0 (4): 61–68. ISSN 2530-7924. doi:10.4995/citecma.2020.12764. 
  3. "MS-123. Piqua Public Library". www.piqualibrary.org. Consultado o 2021-04-08. 
  4. 4,0 4,1 "Piqua Daily Call Newspaper Archives, May 7, 1975, p. 5". 1975-05-07. Consultado o 2018-08-27. 
  5. Reser, Anna (2017-02-15). "The Lost Stories of NASA's 'Pink-Collar' Workforce". The Atlantic (en inglés). Consultado o 2021-04-07. 
  6. Service, Robert Reinhold, New York Times News. "FRESH FRUIT AND BARBECUED MEATBALLS: SPACE FOOD COMES OF AGE". chicagotribune.com (en inglés). Consultado o 2021-04-07. 
  7. Reinhold, Robert (1985-01-16). "DINING A LA CARTE IN THE SPACE SHUTTLE". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2021-04-07. 
  8. 8,0 8,1 "Space shuttle food system summary, 1981-1986" (PDF). NASA. Consultado o 2018-08-26. 
  9. Pathé, British. "Space: Apollo 15". www.britishpathe.com (en inglés). Consultado o 2021-04-08. 
  10. Stadler, C. R.; Bourland, C. T.; Rapp, R. M.; Sauer, R. L. (1982-02-XX). "Food system for Space Shuttle Columbia". Journal of the American Dietetic Association 80 (2): 108–114. ISSN 0002-8223. PMID 7054254. 
  11. "Food Timeline--Space food". www.foodtimeline.org. Consultado o 2021-04-08. 
  12. Jackson, Libby (2017-11-16). A Galaxy of Her Own: Amazing Stories of Women in Space (en inglés). Random House. ISBN 978-1-4735-5326-2. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]