Rita Lee

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rita Lee
Nome completoRita Lee Jones
AlcumeRita Lee
Nacemento31 de decembro de 1947
Lugar de nacementoSão Paulo
Falecemento8 de maio de 2023
Lugar de falecementoSão Paulo
Causacancro de pulmón
NacionalidadeBrasil
Alma máterUniversidade de São Paulo
Ocupacióncantante, música, compositora, guitarrista, pianista, escritora de literatura infantil, escritora e actriz
CónxuxeRoberto de Carvalho e Arnaldo Baptista
FillosBeto Lee
PremiosOrde do Mérito Cultural, Prêmio Grammy Latino à Excelência Musical e Prêmio da Música Brasileira
Na rede
http://www.ritalee.com.br
IMDB: nm0498097 Facebook: ritalee.oficial Twitter: rita_lee Instagram: litaree_real MySpace: ritaleeoficial Youtube: UCyFDNBI2AJaqILTR_3dn9aA TikTok: ritalee_oficial Spotify: 7dnT2FUXhjirperXaH22IJ iTunes: 6710846 Last fm: Rita+Lee Musicbrainz: 3f962bf0-42a0-45a0-830f-07b66301d35f Songkick: 9030 Discogs: 274890 Allmusic: mn0000807068 Deezer: 1893 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Rita Lee Jones de Carvalho OMC, nada en São Paulo no 31 de decembro de 1947[1] e finada ibídem o 8 de maio de 2023, foi unha cantante, compositora, multi-instrumentista, actriz, escritora e activista brasileira, coñecida como a "raíña do rock brasileiro".[2] [3] Rita vendeu máis de 55 millóns de discos, sendo a cuarta artista máis exitosa neste sentido no Brasil, só por detrás de Tonico & Tinoco, Roberto Carlos e Nelson Gonçalves.[4]

Carreira[editar | editar a fonte]

Construíu unha carreira que comezou co rock pero que co paso dos anos coqueteou con diferentes xéneros, como a psicodelia durante a época do tropicalismo, o pop rock, a música disco, a New Wave, o MPB, a bossa nova e a música electrónica, creando un hibridismo pioneiro entre xéneros nacionais e internacionais.[5]

Rita foi considerada unha das mulleres máis influentes do Brasil, sendo unha referencia para aquelas que chegaron a utilizar a guitarra a partir de mediados dos anos 70. [6] Antigo membro do grupo Os Mutantes (19661972) e Tutti Frutti (19731978), participou en importantes revolucións no mundo da música e da sociedade. As súas cancións, xeralmente regadas con ironía ácida ou reivindicación da independencia feminina,[7] fixéronse omnipresentes nas listas, sendo as máis populares "Ovelha Negra", "Mania de Você", "Lança Perfume", "Agora Só Falta Você", "Baila Comigo", "Banho de Espuma", "Desculpe o Auê", "Erva Venenosa", "Amor e Sexo", "Reza", "Menino Bonito", "Flagra" e "Doce Vampiro", de entre outras. O álbum Fruto Proibido (1975), editado coa banda Tutti Frutti, é considerado habitualmente como un fito fundamental na historia do rock brasileiro, considerado por algúns como a súa obra mestra.[8]

En 1976 comezou unha relación sentimental co guitarrista Roberto de Carvalho, que desde entón é o seu compañeiro na maioría das súas cancións. Tiveron tres fillos, entre eles Beto Lee, tamén guitarrista, que acompañaba aos seus pais nos programas. Rita era vegana e defensora dos dereitos dos animais.[9] Cunha carreira de 60 anos, a artista pasou da innovación musical da década de 1960 e 1970 ás baladas románticas moi exitosas da década de 1980 e unha revolución musical,[10] despois de ter actuado con innumerables artistas que van desde Elis Regina e João Gilberto á banda Titãs. En outubro de 2008, a revista Rolling Stone promoveu a lista dos cen máis grandes artistas da música brasileira, onde Rita ocupa o posto 15.[11]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Dip, Andrea (16 de abril de 2011). "Rita Lee encerra show na Virada Cultural com discurso sério e grandes sucessos". Consultado o 22 de xullo de 2012. 
  2. Alves, Luciano. O melhor do rock Brasil: melodias cifradas para guitarra, violão e teclados, p. 5. São Paulo: Irmãos Vitale, 2001. (en portugués) ISBN 8574071331
  3. Oliveira, Marcio Castro. Um amor de verão (en portugués). ISBN 9788578936006. 
  4. Barcinski 2014, p. 137.
  5. Süssekind, Flora; Dias; Azevedo (2003). Vozes femininas: gêneros, mediações e práticas da escrita (en portugués). 2003. pp. 421–422. ISBN 9788575770269. 
  6. Preto, Marcus. "Não nasci para casar e lavar cuecas", revela Rita Lee. Rolling Stone Brasil. Consultado em 15 de julho de 2019.
  7. "Redirect". sites.uepg.br. Consultado o 2023-05-09. 
  8. Roberto Nascimento, "Esse tal de Rock... ACERTOU". Estadão (18 de dezembro de 2010). Acesso: 28 de julho, 2011.
  9. direitos. Consultado em 29 de janeiro, 2012.
  10. Almir Chediak, Rita Lee Songbook, p.10. Irmãos Vitale, 1990.
  11. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 04 de abril de 2019. Consultado o 09 de maio de 2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]