Rita Azevedo Gomes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Rita Azevedo Gomes
Nacemento1952
 Lisboa
NacionalidadePortugal
Ocupacióndirectora de cine
editar datos en Wikidata ]

Rita Azevedo Gomes, nada en Lisboa en 1952, é unha directora de cinema portuguesa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Encomezou o seu grao de Belas Artes, mais non o rematou e abandonouno interesada polo mundo do cinema, eido cuxa formación foi autodidacta. Moi nova, presentouse perante Manoel de Oliveira, despois de ter visto a posta en escena de Amor de Perdição en 1979, baseada na novela de Camilo Castelo Branco. Acadou un posto de axudante de vestiario na seguinte rodaxe. A amizade progresiva co cineasta luso supuxo a rodaxe do filme A 15ª Pedra (2007), unha conversa entre Oliveira e o crítico João Bénard da Costa. Dende 1993, Rita é programadora e encargada de publicacións da Cinemateca Portuguesa. A Filmoteca Española dedicou un ciclo ao cinema de Rita Azevedo Gomes no mes de maio de 2017.

Filmografía[editar | editar a fonte]

  • O Som da Terra a Tremer (1990)
  • Frágil Como o Mundo (2002)
  • Altar (2003)
  • A Conquista de Faro (2005)
  • A 15ª Pedra (2007)
  • A Colecção Invisível (2009)
  • A vinganza dunha muller (2012)
  • Correspondencias (2016)
  • A portuguesa (2019)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Fernández-Santos, E.: (20 de maio de 2017): "Azevedo Gomes, el encuentro entre cine y literatura", Babelia p. 5.