Risk of Rain

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Risk of Rain
Desenvolvedor(es)Hopoo Games
Distribuidora(s)Chucklefish Games
Produtor(es)Duncan Drummond
Paul Morse
Deseñador(es)Matthew Griffin
Duncan Drummond
Paul Morse
Artista(s)Duncan Drummond
Compositor(es)Chris Christodoulou
MotorGame Maker
XéneroPlatformas, Roguelike, Metroidvania
Modos de xogoUn xogador / Multixogador
Plataforma(s)Microsoft Windows, OS X, Linux, PlayStation 4, PlayStation Vita
Na rede
http://riskofraingame.com/
editar datos en Wikidata ]

Risk of Rain é un videoxogo de plataformas que incorpora elementos roguelike, desenvolvido por un equipo de dous estudantes da Universidade de Washington baixo o nome de Hopoo Games. O xogo, que comezou coma un proxecto estudantil, foi financiado por medio dunha campaña en Kickstarter, e publicado por Chucklefish Games para Microsoft Windows en novembro de 2013. As versións para OS X e Linux publicáronse inicialmente como parte dun Humble Bundle o 28 de outubro de 2014. As adaptacións para PlayStation 4 e PlayStation Vita, desenvolvidas coa colaboración de Code Mystics, publicáronse o 12 de abril de 2016.

O xogador controla a un sobrevivente dun accidente dunha nave espacial nun planeta estraño. Segundo progresa polos diversos niveis do xogo, seleccionados de forma aleatoria e con elementos de xeración por procedementos, o xogador procura sobrevivir matando monstros inimigos e obtendo obxectos que melloran as súas capacidades ofensivas e defensivas. O xogo inclúe unha escala de dificultade que se incrementa co tempo, obrigando ó xogador a decidir entre pasar máis tempo adquirindo experiencia e obxectos ou completar os niveis rapidamente para evitar inimigos máis difíciles. O xogo permite partidas multixogador cooperativas de ata catro xogadores en liña e dous en modo local.

Recepción[editar | editar a fonte]

Recepción
Puntuacións agregadas
AgregadorPuntuación
MetacriticPC: 77/100[1]
PS4: 81/100[2]
Puntuacións
PublicaciónPuntuación
Eurogamer8/10[3]
Game Informer7.5/10[4]
GameSpot8/10[5]
Polygon8.5/10[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Risk of Rain for PC Reviews". Metacritic. Consultado o 26 de maio de 2017. 
  2. "Risk of Rain for PlayStation 4 Reviews". Metacritic. Consultado o 10 de marzo de 2020. 
  3. Smith, Quinton (12 de decembro de 2013). "Risk of Rain review". Eurogamer. Consultado o 20 de marzo de 2014. 
  4. Reeves, Ben (9 de decembro de 2013). "Risk Of Rain". Game Informer. Consultado o 20 de marzo de 2014. 
  5. Woolsey, Cameron (19 de novembro de 2013). "Risk of Rain Review". GameSpot. Consultado o 19 de novembro de 2013. 
  6. Kholar, Philip (24 de decembro de 2013). "Risk of Rain Review". Polygon. Consultado o 23 de xaneiro de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre videoxogos é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.