Riki Rodríguez
| Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Nacemento | 25 de setembro de 1997 Oviedo, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Nacionalidade deportiva | España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Posición de xogo | Centrocampista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ricardo Rodríguez Gil-Carcedo máis coñecido como Riki, nado en Oviedo o 25 de setembro de 1997, é un futbolista español que xoga como centrocampista no Deportivo da Coruña, da Segunda División.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formado nas canteiras do Real Oviedo e do Astur CF, debutou co Oviedo-Vetusta na Tercera División durante a tempada 2015/16. Posteriormente foi cedido ao Tineo e ao Marino de Luanco,[1] xogando máis de 60 partidos en Terceira, e disputou co Marino unha promoción de ascenso á Segunda División B. Na campaña 2018/19 xogou no Langreo, da Segunda División B.[2]
En 2019 regresou ao filial do Oviedo, desta vez na Segunda B. O 18 de agosto debutou co primeiro equipo na Segunda División, substituíndo a Alfredo Ortuño nunha derrota por 3-2 ante o Deportivo da Coruña en Riazor.[3] Foi definitivamente ascendido ao equipo principal para a campaña 2020/21, pero en xaneiro de 2021 saíu cedido ao Racing de Santander, co que marcou 4 goles en 12 partidos. Na seguinte tempada foi cedido de novo, primeiro ao Burgos CF e logo ao Albacete.[4]
Na súa primeira media campaña en Albacete xogou 21 partidos ás ordes do galego Rubén de la Barrera, 18 deles como titular, e disputou a promoción de ascenso á Segunda División. Foi titular nas semifinais contra o Rayo Majadahonda e na final contra o Deportivo da Coruña en Riazor, conseguindo o ascenso na prórroga.[5] A continuación asinou un contrato permanente co Albacete.[6] Titular indiscutible durante as seguintes campañas, disputou unha promoción de ascenso á Primeira División e foi elixido capitán do equipo no verán de 2024, trala marcha de Bernabé Barragán.[7] Militou catro anos no club de Castela-A Mancha, sumando un total de 156 partidos oficiais e 2 goles.
O 2 de febreiro de 2026 anunciouse o seu traspaso ao Deportivo da Coruña, que levaba anos tentando incorporalo.[5]
Estatísticas
[editar | editar a fonte]| Club | Tempada | División | Liga | Copa do Rei | Outros[a 1] | Total | ||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Partidos | Goles | Partidos | Goles | Partidos | Goles | Partidos | Goles | |||
| Oviedo-Vetusta | 2015/16 | Terceira | 1 | 0 | - | - | - | - | 1 | 0 |
| Tineo | 2016/17 | Terceira | 35 | 2 | - | - | - | - | 35 | 2 |
| Marino de Luanco | 2017/18 | Terceira | 31 | 2 | - | - | 8 | 0 | 39 | 2 |
| Langreo | 2018/19 | Segunda B | 32 | 2 | 1 | 0 | 2 | 0 | 35 | 2 |
| Oviedo-Vetusta | 2019/20 | Segunda B | 17 | 2 | - | - | - | - | 17 | 2 |
| Oviedo | 2019/20 | Segunda | 5 | 0 | 1 | 0 | - | - | 6 | 0 |
| 2020/21 | Segunda | 5 | 0 | 2 | 0 | - | - | 7 | 0 | |
| Total club | 10 | 0 | 3 | 0 | 0 | 0 | 13 | 0 | ||
| Racing de Santander | 2020/21 | Segunda B | 12 | 4 | 0 | 0 | - | - | 12 | 4 |
| Burgos | 2021/22 | Segunda | 15 | 0 | 2 | 1 | - | - | 17 | 1 |
| Albacete | 2021/22 | 1ª RFEF | 19 | 0 | 0 | 0 | 2 | 0 | 21 | 0 |
| 2022/23 | Segunda | 37 | 1 | 1 | 0 | 2 | 0 | 40 | 1 | |
| 2023/24 | Segunda | 39 | 0 | 1 | 0 | - | - | 40 | 0 | |
| 2024/25 | Segunda | 36 | 1 | 1 | 0 | - | - | 37 | 1 | |
| 2025/26 | Segunda | 16 | 0 | 2 | 0 | - | - | 18 | 0 | |
| Total club | 147 | 2 | 5 | 0 | 4 | 0 | 156 | 2 | ||
| Deportivo da Coruña | 2025/26 | Segunda | 1 | 0 | 0 | 0 | - | - | 1 | 0 |
| Total carreira | 301 | 14 | 11 | 1 | 14 | 0 | 326 | 15 | ||
- ↑ Inclúe partidos de promoción de ascenso a Segunda División e a Segunda División B e Copa Federación.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Riki vuelve a casa para quedarse" (en castelán). 7 de agosto de 2019. Consultado o 27 de setembro de 2024.
- ↑ "Riki, primer fichaje del Langreo" (en castelán). 11 de xullo de 2018. Consultado o 27 de setembro de 2024.
- ↑ "Christian Santos rescata al Dépor" (en castelán). 18 de agosto de 2019. Consultado o 27 de setembro de 2024.
- ↑ "Riki Rodríguez cedido al Albacete" (en castelán). 1 de febreiro de 2022. Consultado o 27 de setembro de 2024.
- ↑ 5,0 5,1 Lema, Jorge (3 de febreiro de 2026). "Riki Rodríguez y el Dépor, final feliz para un romance prohibido que comenzó en 2021". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 9 de febreiro de 2026.
- ↑ "Riki Rodríguez se quedará en Albacete" (en castelán). 13 de xuño de 2022. Consultado o 27 de setembro de 2024.
- ↑ Sevilla, Juanma (20 de agosto de 2024). "Riki, el nuevo capitán del Albacete y director del juego manchego". As (en castelán). Consultado o 27 de setembro de 2024.