Riihimäen Cocks
| Riihimäen Cocks | |||
|---|---|---|---|
| Nome completo | Käsipalloseura Riihimäen Cocks ry | ||
| Cidade | Riihimäki, | ||
| Historia | 1973-actualidade | ||
| Fundado | 1973 | ||
| Pavillón | Cocks Areena (2 500 persoas) | ||
| Presidente | |||
| Adestrador | |||
| Competición | Aktialiiga | ||
| Títulos | |||
| Baltic League | 4 (2016, 2017, 2018, 2019) | ||
| SM-liiga | 11 (2007, 2008, 2009, 2010, 2013, 2014, 2015, 2016, 2017, 2018, 2019, 2021) | ||
| Suomen Cup | 10 (2007, 2008, 2010, 2011, 2013, 2015, 2016, 2017, 2018, 2019, 2023) | ||
| Cores | Amarelo e vermello | ||
| Sitio web Sitio web oficial | |||
Os Riihimäen Cocks son un equipo de balonmán da cidade de Riihimäki, Finlandia. O club foi fundado en 1973 e compite na máxima categoría do balonmán finlandés, a Aktialiiga. Na tempada 2018-19 converteuse no pimeiro equipo finlandés en disputar a Liga de Campións da EHF. Xoga os seus partidos como local no Cocks Areena, un pavillón con capacidade para 2 500 persoas.
Dende a súa fundación o equipo gañou o campionato finlandés en 11 ocasións, ademais de gañar a copa noutras 10 e a Baltic League en catro, o que o converte no segundo equipo máis laureado de Finlandia por detrás do BK-46 de Karis.
Historia
[editar | editar a fonte]Na tempada 2017-18 os Cocks conseguiron o seu sexto campionato finlandés consecutivo, e décimo en total, o que lle valeu a súa clasificación para disputar a Liga de Campións da EHF na tempada 2018-19, converténdose no pimeiro equipo finlandés en disputar a máxima competición do balonmán europeo. O equipo foi confirmado como un dos 28 participantes durante a reunión que a Federación Europea de Balonmán (coñecida como EHF polas súas siglas en inglés) celebrou en Glasgow (Escocia)[1]
Pavillón
[editar | editar a fonte]
No outono de 2019 os Cocks abandonaron o que fora ata aquel momento o seu estadio, o Riihimäen urheilutalo. O recinto, de 900 m², e situado no Riihimäen urheilupuisto, non cumpría coas medidas necesarias para disputar partidos internacionais.[2][3]
A nova casa do equipo, o Cocks Areena, inaugurouse en agoto de 2019. O novo estadio, coas cores vermella e amarela do club de Riihimäki, cumpre con todos os requisitos internacionais e conta con capacidade para 2 500 persoas. Ademais da práctica do balonmán prevéronse outros posibles usos para facer máis rendible a instalación, como concertos ou feiras.[3] O estadio conta, ademais de coa sala principal, con pistas de adestramento, ximnasio, e pistas de pádel.[4]
Personalidades
[editar | editar a fonte]Xogadores
[editar | editar a fonte]Números retirados
[editar | editar a fonte]Os primeiros números retirados do equipo de Riihimäki foron o 10 de Markku Tuomen e o 14 de Pekka Lehtinen, aos que seguiu o 31 de agosto de 2013 o 13 de Jarmo Lepola antes do partido do 40º aniversario que o club disputou fronte o BK-46 de Karis.[5] En total os Cocks teñen retirado catro números ao longo da súa historia:
| Nº | Nome | Período | Referencia |
|---|---|---|---|
| 4 | Antti Valo | [6] | |
| 10 | Markku "Pilkku" Tuomen | [5] | |
| 13 | Jallu Lepola | [7][5] | |
| 14 | Pekka "Puili" Lehtinen | [5] |
Adestradores
[editar | editar a fonte]O primeiro adestrador do equipo masculino dos Cocks foi Yrjö Sipilä, que ocupou o cargo durante as primeiras tres tempadas do equipo, ente 1973 e 1976, e que posteriormente viviu unha segunda etapa no cargo entre 1978 e 1980. Dende 2023 o serbio Bojan Zupanjac dirixe o equipo.[8]
| Nome | Período |
|---|---|
| Yrjö Sipilä | 1973-1976 |
| Kaj Åström | 1976-1978 |
| Yrjö Sipilä | 1978-1980 |
| Pekka Lappalainen | 1980-1983 |
| Vesa Pohjola | 1983-1986 |
| Kim Westerholm | 1986-1990 |
| Janne Boström | 1990-1991 |
| Mekhane Ablelazizk | 1991-1992 |
| Janne Boström | 1992-1993 |
| Petteri Kiviaho | 1993-1995 |
| Kimmo Lähteenmäki | 1995-1997 |
| Alku Mati Piilpärk | 1997 |
| Jarkko Salo | 1997-2000 |
| Kimmo Lähteenmäki | 1999-2001 |
| Jan Rönnberg | 2001 2003 |
| Pekka Peper | 2003-2004 |
| Markku Tuomi | 2004-2006 |
| Raivo Laast | 2006-2011 |
| Toni Kallio | 2011-2012 |
| Kaj Kekki | 2012-2016 |
| Gintaras Savukynas | 2016-2020 |
| Kaj Kekki | 2020 (primavera) |
| Boris Dvorsek | 2020 (outono) |
| Kaj Kekki | 2021 |
| Lasse Boesen | 2022 (primavera) |
| Christophe Viennet | 2022-2023 |
| Bojan Zupanjac | 2023-[9] |
Presidentes
[editar | editar a fonte]Ao longo da súa historia os Cocks tiveron dez presidentes distintos. Tan só dúas persoas ocuparon a presidencia en dous períodos distintos: Pekka Lappalainen (entre 1990 e 1996, e ente 2010 e 2011) e Jari Viita (entre 2005 e 2010, e dende 2011).[8]
| Nome | Período |
|---|---|
| Juhani Maukonen | 1973-1974 |
| Juhani Saarinen | 1974-1978 |
| Jukka R. Heino | 1978-1981 |
| Yrjö Sipilä | 1981-1985 |
| Martti Pohjola | 1985-1986 |
| Pekka Lehtinen | 1986-1990 |
| Pekka Lappalainen | 1990-1996 |
| Aki Pöyry | 1996-2001 |
| Petri Poussu | 2001-2005 |
| Jari Viita | 2005-2010 |
| Pekka Lappalainen | 2010-2011 |
| Jari Viita | 2011- |
Palmarés
[editar | editar a fonte]- Campión (13): 2007, 2008, 2009, 2010, 2013, 2014, 2015, 2016, 2017, 2018, 2019, 2021, 2025
- Prata (6): 1978, 1979, 2005, 2011, 2023, 2024
- Bronce (5): 1998, 2000, 2006, 2012, 2022
- Campión (10): 2007, 2008, 2010, 2011, 2013, 2015, 2016, 2017, 2018, 2019, 2023
- Campión (4): 2016, 2017, 2018, 2019
- Subcampión (3): 2010, 2013, 2015
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Lund, Sakari (18 de xuño de 2018). "Kova uutinen käsipallosta – Riihimäen Cocks Mestarien liigaan". Yle Urheilu (en finés). Consultado o 7 de novembo de 2024.
- ↑ "Urheilutalo" (en finés). Cidade de Riihimäki. Consultado o 7 de novembo de 2024.
- ↑ 3,0 3,1 Kokko, Tiina (16 de agosto de 2019). "Käsipalloseura Cocksin uusi punakeltainen kotiareena on valmis". Yle (en finés). Consultado o 7 de novembo de 2024.
- ↑ "COCKS AREENA" (en finés). cocks.fi. Consultado o 7 de novembo de 2024.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 "Cocks kaatoi BK-46:n juhlaottelussa" (en finés). Cocks.fi. 1 de setembro de 2013. Consultado o 22 de decembro de 2024.
- ↑ "Kunnianosoitus Antti Valolle: pelinumero #4 jäädytettiin seurassa" (en finés). Cocks.fi. 14 de outubro de 2018. Consultado o 30 de novembro de 2024.
- ↑ "Kraka kaulassa ja lilaa luomella" (en finés). klibba.com. Consultado o 22 de decembro de 2024.
- ↑ 8,0 8,1 Lehtinen, Pekka (2023). Cocks 1973 Historiikki (en finés). Riihimäen Cocks.
- ↑ Estola-Haaranen, Kaisa (27 de maio de 2023). "Cocks luottaa nyt kokeneisiin riihimäkeläisiin valmennuksessa – kakkosluotsiksi tullut Kai Elomaa: "Olen saanut rauhassa kasvaa tähän hommaan"". Aamuposti (en finés). Consultado o 30 de novembro de 2024.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web oficial (en finés)