Rigoberta Bandini
(2025) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (ca) Paula Ribó González 30 de abril de 1990 Barcelona |
| Outros nomes | Rigoberta Bandini |
| Actividade | |
| Ocupación | creadora de podcast (2022–), director teatral, compositora de cancións, actriz de dobraxe, dramaturga, cantante |
| Período de actividade | 1997 |
| Membro de | |
| Xénero artístico | Indie pop, música electrónica, música pop e pop latino |
| Instrumento | Voz |
| Participou en | |
| 29 de xaneiro de 2022 | final do Benidorm Fest 2022 (2ª) |
| 27 de xaneiro de 2022 | segunda semifinal do Benidorm Fest 2022 (1ª) |
| 1996 | Zecchino d'Oro 1996 |
| Obra | |
| Doutorando | Peter Burke |
| Familia | |
| Parella | Esteban Navarro |
| Premios | |
Paula Ribó González, nada en Barcelona o 30 de abril de 1990, coñecida tamén polo seu alcume Rigoberta Bandini, é unha cantante, actriz de dobraxe e escritora catalá.[1] Foi premiada cun Premio Goya á mellor canción orixinal polo tema Yo solo quiero amor do filme Te estoy amando locamente.[2]
Comezou a súa carreira profesional dende nena como actriz de dobraxe na serie de animación Caillou. Tamén é coñecida por ser a voz de actrices como Emma Stone, Dakota Fanning o Shailene Woodley.[3]
Graduouse no 2011 no Instituto do Teatro. Máis tarde formou xunto a dúas amigas un grupo de música chamado The Mamzelles.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Aos nove anos comezou a compoñer cancións e tamén a aprender a tocar a guitarra, creando as súas propias melodías. Como actriz de voz, en 1999 deu voz a Princess Dot en A Bug's Life e en 2013, Anna de Arendelle en Frozen, en lingua catalá.[4] Tamén puxo a voz de Chihiro ou Caillou, en castelán.[5] En 2011 creou o grupo The Mamzelles, xunto con Paula Malia e Bàrbara Mestanza. Dirixiu obras na Sala Barts ou no Espai Brossa[6] e publicou unha novela próxima á autoficción titulada Vértigo.[7]
En 2020 lanzou as súas primeiras cancións como Rigoberta Bandini, Too Many Drugs e In Spain We Call It Soledad, que se fixo viral en Spotify,[5] mesturando inglés e español, terrenalidade e espiritualidade, danza electrónica e canción clásica. Tamén publicou Que Cristo baje coa colaboración do director neoiorquino Jason Trucco para a produción do videoclip.[8] A mediados de 2020, xusto despois do nacemento do seu fillo, publicou unha versión de Cuando tu nazcas, de Mocedades.[9] En 2021, na gala dos XIII Premios Gaudí, reinterpretou en directo "Qualsevol nit pot sortit el sol" de Jaume Sisa.[10] O 10 de decembro do mesmo ano foi anunciada como unha dos 14 seleccionados para formar parte da primeira edición do Benidorm Fest, que se celebrou na cidade homónima do 26 ó 29 de xaneiro de 2022, e no que se presentaba coa canción "Ay Mamá" para representar a España no Festival da Canción de Eurovisión 2022 en Turín.[11] Finalmente a súa canción quedou no segundo posto detrás de "SloMo" de Chanel.[12]
Discografía
[editar | editar a fonte]Sinxelos
[editar | editar a fonte]Sinxelos como artista principal
[editar | editar a fonte]- Too Many Drugs (2020)
- Que Cristo Baje (2020)
- In Spain We Call it Soledad (2020)
- Perra (2021)
- The FUCK FUCK FUCK POEM (2021)
Sinxelos como artista convidada
[editar | editar a fonte]- Se Va (2021) (con Delaporte)
Sinxelos promocionais
[editar | editar a fonte]- Fiesta (2020)
- Cuando tu nazcas (2020)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "¿Quién es Rigoberta Bandini? La actriz de doblaje que se ha convertido en cantante". Flooxer Now (en castelán). 2021-02-20. Consultado o 2025-12-07.
- ↑ Parcero, Jorge C. (2024-02-10). "Rigoberta Bandini, ganadora de la mejor canción de los Premios Goya: icono feminista, novio cómico y voz de Caillou". vanitatis.elconfidencial.com (en castelán). Consultado o 2025-12-07.
- ↑ Bonet, Alex. "eldoblaje.com - la web del doblaje en España". www.eldoblaje.com (en Spanish). Consultado o 2025-12-07.
- ↑ Betevé, ed. (25 de novembro de 2020). "Entrevista a Rigoberta Bandini".
- 1 2 El País, ed. (23 de outubro de 2020). "La cantant catalana Rigoberta Bandini, viral a Spotify amb ‘In Spain we call it soledad’".
- ↑ Rac1, ed. (11 de outubro de 2020). "Qui és Rigoberta Bandini i per què triomfa amb ‘In Spain we call it Soledad’?". Consultado o 17 de xuño de 2021.
- ↑ El País, ed. (2021-02-01). "Rigoberta Bandini: “Si mi canción gusta y la he hecho desde la libertad, ¿por qué no puede sonar en el Mercadona?”".
- ↑ Enderrock, ed. (15 de maio de 2020). "Rigoberta Bandini fa un crit al cel amb "Que Cristo baje"". Consultado o 17 de xuño de 2021.
- ↑ El Cultural, ed. (2021-01-22). "Rigoberta Bandini: “No hace falta ser Beyoncé para tener un hijo y seguir en la música”".
- ↑ TV3, ed. (21-03-2021). "Rigoberta Bandini canta "Qualsevol nit pot sortir el sol"".
- ↑ "“Ay Mama”, la canción de Rigoberta Bandini para el Benidorm Fest". MondoSonoro (en castelán). 2021-12-26. Consultado o 2022-01-14.
- ↑ "O Benidorm Fest salta ao plano político: Podemos pide auditoría, BNG denuncia "discriminación" e CCOO anular resultado". europapress. 31 de xaneiro de 2022. Consultado o 1 de febreiro de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Rigoberta Bandini reclama o novo sinxelo "Perra", en directo en TV3 Preguntes Frecuents (6 de febreiro de 2021).