Ricinuleos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Ricinoididae»)
Ricinuleos
Ricinulei

Rango fósil: carbonífero - actualidade

Cryptocellus goodnighti
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Arachnida
Orde: Ricinulei
Thorell, 1876
Familia: Ricinoididae
Ewing, 1929
Xéneros

A dos ricinuleos (Ricinulei) é unha orde de arácnidos, que foi considerado durante moito tempo como un dos grupos de invertebrados máis escasos.

Apareceron no rexistro fósil no carbonífero.[1]

Distribución[editar | editar a fonte]

Porén, agora sábese que os ricinuleos son localmente abundantes en determinadas rexións, como no norte de América do Sur.

En decembro de 2011, describíranse 58 especies, todas elas pertencentes á familia dos Ricinoididae,[2] única con espécimes actuamente viventes, 16 das cales se encontran en Suramérica, nas zonas máis próximas ao ecuador).

A maior diversidade para este subcontinente está en Colombia e o Brasil, con catro especies en cada un destes países.

Historia natural[editar | editar a fonte]

Os ricinuleos son depredadores de pequenos artrópodos. Sábese pouco sobre os seus hábitos reprodutivos, pero observouse aos machos transferir un espermatóforo á femia usando o seu terceiro par de patas, modificado para tal efecto. Os ovos son transportados pola nai até que eclosionan as larvas, provistas de seis patas, que logo mudan transformándose en adultos de oito patas. Os ácaros tamén teñen larvas de seis patas.

Os Riricinlei viven tipicamente entre a follaxe caída no chan das selvas tropicais chuviosas, ou en covas onde a humidade é elevada, xa que a necesitan para sobreviviren.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

Descrición[editar | editar a fonte]

A orde foi descrita en 1876 polo aracnólogo sueco Tord Tamerlan Teodor Thorell, na súa obra:

Thorel,T. T. (1876): "Sopra alcuni Opilioni (Phalangidea) d'Europa e dell'Asia occidentale, con un quadro dei generi europei di quest'ordine". Annali del Museo Civico di Storia Naturale Giacomo Doria, vol. 8, pp. 452-508. Ler en liña.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O termo do latín científico Ricinulei é o diminutivo plural do latín ricinus 'carracha', debido á semellanza con estes outrois arácnidos, pero de menor tamaño ca eles.[3]

Clasificación[editar | editar a fonte]

A clase comprende unha soa familia actual, a dos ricinóididos (Ricinoididae) con tres xéneros, e dúas familias extintas, as dos Poliocheridae e os Curculioididae.[4][5]

Segundo o ITIS e J. Hallan (2005),[6] a clasificación actual da orde é a seguinte:

Orde Ricinulei Thorell, 1876 [7]

Suborde Neoricinulei Selden, 1992 [8]

Filoxenia[editar | editar a fonte]

Segundo Giribet et al. (2002), as relacións filoxenéticas dos Ricinulei son as seguintes:[11]

Acari

Palpigradi

Pycnogonida

Trigonotarbida

Ricinulei

Araneae

Amblypygi

Uropygi

Schizomida

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Order Ricinulei Thorell 1876 Arquivado 30 de marzo de 2017 en Wayback Machine. en Fossilworks.
  2. Lorenzo Prendini (2011). Z.-Q. Zhang, ed. "Order Ricinulei Thorell, 1876" en Animal biodiversity: an outline of higher-level classification and survey of taxonomic richness" (PDF). Zootaxa 4138: 122. 
  3. Ricinulei no Merriam-Webster Dictionary.
  4. Jason A. Dunlop (Berlin), David Penney (Manchester) & Denise Jekel (Berlin) (2017): "A summary list of fossil spiders and their relatives". En: Ler en liña.
  5. order Ricinulei Thorell, 1892 en BioLib.cz (en inglés).
  6. Clasificación de Hallan Arquivado 16 de febreiro de 2015 en Wayback Machine..
  7. Ricinulei no ITIS.
  8. Neoricinulei no ITIS.
  9. Ricinoidoidea Ewing, 1929 no ITIS.
  10. Ricinoididae no ITIS.
  11. Gonzalo Giribet, Gregory D. Edgecombe, Ward C. Wheeler & Courtney Babbitt (2002). "Phylogeny and systematic position of Opiliones: a combined analysis of chelicerate relationships using morphological and molecular data" (Resume). Cladistics. 18 (1): 5–70.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]