Richmal Crompton

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Richmal Crompton
Nome completoRichmal Crompton Lamburn
AlcumeRichmal Crompton
Nacemento15 de novembro de 1890
 Bury
Falecemento11 de xaneiro de 1969
 Farnborough
NacionalidadeReino Unido e Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda
Alma máterRoyal Holloway University of London
Ocupaciónescritora, novelista e escritora de literatura infantil
IrmánsJohn Battersby Crompton Lamburn
Coñecida porJust William
editar datos en Wikidata ]

Richmal Crompton Lamburn (Bury, Lancashire, 15 de novembro de 1890 – Farnborough, 11 de xaneiro de 1969) foi unha escritora inglesa, especializada en libros infantís e narracións de terror.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi a segunda filla do reverendo anglicano Edward John Sewell Lamburn, pastor protestante e mestre da escola parroquial, e da súa esposa Clara Crompton. O seu irmán maior, chamado John Battersby Crompton Lamburn, foi tamén escritor baixo o pseudónimo de John Lambourne, e lémbraselle principalmente pola súa novela de fantasía "The Kingdom That Was" (1931).

Richmal Crompton acudiu á escola para fillas de clérigos anglicanos St. Elphin' s School e gañou unha bolsa para realizar estudos clásicos de latín e de grego no Royal Holloway College, en Londres, onde se graduou en Ciencias Clásicas. Formou parte do movemento sufraxista do seu tempo e volveu a St. Elphin' s en 1914 para ensinar cultura e autores clásicos ata 1917. Con 27 anos marchou á Bromley High School, ao sur de Londres, como profesora da mesma materia ata 1923, cando, contraendo poliomielite, quedou sen o uso da perna dereita. A partir de entón deixou o ensino, usou bastón e dedicouse exclusivamente a escribir no seu tempo de lecer. En 1919 creara xa o seu personaxe máis famoso: William Brown, Guillermo Brown, protagonista de trinta e oito libros de relatos infantís que conforman a saga "Guillermo o traveso", que escribiu ata a súa morte. Con todo, tamén escribiu non menos de corenta e unha novelas para adultos e nove libros de relatos non xuvenís. Non casou, nunca nin tivo fillos, aínda que foi ao parecer unha excelente tía para os seus sobriños. Aos corenta anos, sufriu cancro de mama e fíxose unha mastectomía.

A pesar das súas discapacidades, durante a Segunda Guerra Mundial ofreceuse como voluntaria para o Servizo de Bombeiros.

Morreu con 78 anos no ano 1969 dun ataque ao corazón no hospital Farnborough. Crompton enfermara a noite anterior de camiño a casa despois de visitar a casa da súa sobriña en Chelsfield, Kent. Ao sentirse mal durante a noite Crompton telefonou aos seus amigos á mañá seguinte e foi trasladada ao hospital, onde morreu unha hora despois de ser trasladada.

As aventuras de Guillermo[editar | editar a fonte]

As aventuras de Guillermo é a obra con maior recoñecemento de Richmal Crompton. Trátase dunha longa saga de libros, completou 39 libros dentro deste universo, que teñen como personaxe central a Guillermo Brown. A saga tivo moito éxito non seu tempo, chegando a vender doce millóns de exemplares só en Gran Bretaña. Trátanse de relatos divertidos, que chegan ao público infantil e adulto por igual grazas á ironía que acompaña cada historia. Os protagonistas indiscutibles son Guillermo e o seu grupo de amigos, "Os Proscritos": Enrique, Pelirrojo, Douglas e o can "de raza revolta" Jumble. Pero a lista de personaxes é ben longa, destacando outras moitas: a nena Juanita, única debilidade de Guillermo respecto ao sexo feminino (se descontamos á súa nai); o neno Huberto Lane coma o seu antagonista infantil durante toda a serie; a señora Bott... Cada libro está composto dunha serie de historias curtas, respectando cada historia unha estrutura autónoma e completa en si mesma, pero facendo referencias continuas entre elas, de forma que manteñen un fío argumental e toda a seria acada un conxunto homoxéneo. A a autora incorpora unha divertida, intelixente e minuciosa descrición da sociedade da época, visión que ademais vai incorporando, a medida que avanza a serie, diferentes elementos históricos dun xeito moi ben conseguido. Iso si, curiosamente, durante os 38 volumes e pese a que ese avance do contexto histórico abarca varios anos (entre outras cousas enmárcase o inicio e o fin da segunda guerra mundial) os protagonistas manteñen a súa mesma idade durante toda a saga.

Outras obras[editar | editar a fonte]

Ademais da serie de Guillermo, Richmal Crompton escribiu unha serie infantil breve (Jimmi) e outras obras para adultos, eminentemente de terror.

Outros libros infantís[editar | editar a fonte]

  • Enter - Patricia, 1927
  • Jimmy, 1949
  • Jimmy Again, 1951
  • Jimmy the Third, 1965

Obras para adultos[editar | editar a fonte]

  • The Innermost Room, 1923
  • The Hidden Light, 1924
  • Anne Morrison, 1925
  • The Wildings, 1925
  • David Wilding, 1926
  • The House (publicado tamén como Dead Dwelling), 1926
  • Kathleen and I, and, of course, Veronica, 1926, relatos
  • Millicent Dorrington, 1927
  • A Monstrous Regiment, 1927, relatos
  • Leadon Hill, 1927
  • The Thorn Bush, 1928
  • Roofs Off!, 1928
  • The Middle Things, 1928, relatos
  • Felicity Stands By, 1928, relatos
  • Sugar and Spice and Other Stories, 1928, relatos
  • Mist and Other Stories, 1928, relatos
  • The Four Graces, 1929
  • Abbot's End, 1929
  • Ladies First, 1929, relatos
  • Blue Flames, 1930
  • Naomi Godstone, 1930
  • The Silver Birch and Other Stories, 1931, relatos
  • Portrait of a Family, 1932
  • The Odyssey of Euphemia Tracy, 1932
  • Marriage of Hermione, 1932
  • The Holiday, 1933
  • Chedsy Place, 1934
  • The Old Man's Birthday, 1934
  • Quartet, 1935
  • Caroline, 1936
  • The First Morning, 1936, relatos
  • There Are Four Sesons, 1937
  • Journeying Wave, 1938
  • Merlin Bay, 1939
  • Seffan Green, 1940
  • Narcissa, 1941
  • Mrs. Frensham Describes a Circle, 1942
  • Weatherly Parade, 1944
  • Westover, 1946
  • The Ridleys, 1947
  • Family Roundabout, 1948
  • Frost at Morning, 1950
  • Linden Rise, 1952
  • The Gypsy's Baby, 1954
  • Four In Excile, 1954
  • Matty and the Dearingroydes, 1956
  • Blind Man's Buff, 1957
  • Wiseman's Folly, 1959
  • The Inheritor, 1960

Da súa obra para adultos en España foi traducida e publicada unicamente a colección de contos de fantasmas Bruma (1928) e a novela de terror A morada maligna (1926).

A serie de Guillermo[editar | editar a fonte]

Edición orixinal en inglés[editar | editar a fonte]

Foron publicados un total de 38 libros da serie:

  1. Just William, 1922 (Travesuras de Guillermo)
  2. More William, 1923 (Guillermo o incomprendido)
  3. William Again, 1923 (Guillermo fai das súas)
  4. William the Fourth, 1924 (Guillermo o xenial)
  5. Still William, 1925 (Guillermo e os xemelgos/ Guillermo e o porco premiado)
  6. William the Conqueror, 1926 (Guillermo o conquistador)
  7. William the Outlaw, 1927 (Guillermo o proscrito)
  8. William in Trouble, 1927 (Os apuros de Guillermo)
  9. William the Good, 1928 (Guillermo o bo)
  10. William, 1929 (Guillermo empresario/ Guillermo e o porco premiado)
  11. William the Bad, 1930 (Guillermo o malo)
  12. William's Happy Days, 1930 (Guillermo en días felices / Guillermo e os xemelgos)
  13. William's Crowded Hours, 1931 (Guillermo o atarefado)
  14. William the Pirate, 1932 (Guillermo o pirata)
  15. William the Rebel, 1933 (Guillermo o rebelde / Guillermo e o porco premiado)
  16. William the Gangster, 1934 (Guillermo o gángster / Guillermo e o porco premiado)
  17. William the Detective, 1935 (Guillermo detective)
  18. Sweet William, 1936 (Guillermo o amable / Guillermo e os xemelgos)
  19. William the Showman, 1937 (Guillermo e os pigmeos / Guillermo e os xemelgos / Guillermo e o porco premiado)
  20. William the Dictator, 1938 (Guillermo o loitador)
  21. William and Air Raid Precautions, publicado tamén coma William's Bad Resolution, 1939 (Guillermo amaestrador de cans)
  22. William and the Evacuees, publicado tamén coma William and the Film Star, 1940 (Guillermo artista de cine)
  23. William Does His Bit, 1941 (Guillermo aporta o seu grao de area)
  24. William Carries On, 1942 (Guillermo segue adiante)
  25. William and the Brains Trust, 1945 (Guillermo e a guerra, publicado tamén coma Guillermo e os intelectuais)
  26. William the Bold, 1950 (Guillermo o revolucionario)
  27. William and the Tramp, 1952 (Guillermo e o vagabundo)
  28. William and the Moon Rocket, 1954 (Guillermo e o foguete á lúa)
  29. William and the Artist's Model, 1956 (obra de teatro, inédita en España)
  30. William and the Space Animal, 1956 (Guillermo e o animal do espacio)
  31. William's Television Show, 1958 (Guillermo e a televisión)
  32. William the Explorer, 1960 (Guillermo explorador)
  33. William's Treasure Trove, 1962 (Guillermo buscador de tesoros)
  34. William and the Witch, 1964 (Guillermo e a bruxa)
  35. William and the Pop Singers, 1965 (Guillermo e os cantantes ye-yé)
  36. William and the Masked Ranger, 1966 (Guillermo e o xinete enmascarado)
  37. William the Superman, 1968 (Guillermo o superhome)
  38. William the Lawless, 1970 (Guillermo o bandido)

Ademais, no ano 1948 publicouse "Just William's Luck", única novela da serie que non está composta de de relatos curtos senón que un único relato completa o volume. Segue inédita en España. A serie das Aventuras de Guillermo completouse cunha serie de emisións sonoras da BBC, todas elas inéditas en España:

  • What's Wrong with Civilizashun and Other Important Ritings by Just William, 1990
  • William the Terrible, BBC Radio Plays volume 1, 2008
  • William the Lionheart, BBC Radio Plays volume 2, 2008
  • William the Peacemaker, BBC Radio Plays volume 3, 2009
  • William the Avenger, BBC Radio Plays volume 4, 2009
  • William the Smuggler, BBC Radio Plays volume 5, 2010
  • William's Secret Society, BBC Radio Plays volume 6, 2010

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]