Richard Simmons
(2011) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (en) Milton Teagle Simmons 12 de xullo de 1948 Nova Orleáns |
| Morte | 13 de xullo de 2024 Hollywood Hills |
| Causa da morte | morte accidental, caída cardiopatía |
| Lugar de sepultura | Pierce Brothers Westwood Village Memorial Park and Mortuary (pt) |
| Residencia | Os Ánxeles |
| Grupo étnico | Pobo xudeu |
| Relixión | Igrexa católica |
| Educación | Universidade de Luisiana em Lafayette (pt) Universidade Estatal de Florida - arte Brother Martin High School (en) |
| Actividade | |
| Ocupación | preparador físico, bailarín, escritor, gastrónomo, locutor de radio, cantante, actor, humorista, instrutor, actor de dobraxe |
| Período de actividade | 1968 |
| Instrumento | Voz |
| Sitio web | richardsimmons.com |
Milton Teagle "Richard" Simmons, nado en Nova Orleáns o 12 de xullo de 1948 e finado nos Ánxeles o 13 de xullo de 2024,[1] foi un instrutor de fitness, actor e produtor de vídeos estadounidense. Foi coñecido polos seus programas de perda de peso, sendo a máis importante a liña Sweatin' to the Oldies de vídeos de aeróbic.
Simmons comezou a súa carreira no sector da perda de peso cando abriu o seu ximnasio Slimmons en Beverly Hills, California, atendendo persoas con sobrepeso, e fíxose amplamente coñecido polas súas aparicións en televisión e pola popularidade dos seus produtos de consumo. Foi parodiado a miúdo e foi convidado adoito en programas de radio e televisión nocturnos como Late Show with David Letterman e The Howard Stern Show. Continuou promovendo a saúde e o exercicio ó longo dunha carreira de décadas e logo ampliou as súas actividades para incluír o activismo político, como no ano 2008, cando amosou o seu apoio dun proxecto de lei que obrigaba á educación física non competitiva nas escolas públicas como parte do programa No Child Left Behind Act.[2][3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Richard Simmons, legendary fitness guru, dies at 76, representative confirms". ABC7 Los Angeles (en inglés). 13 de xullo de 2024. Arquivado dende o orixinal o 13 de xullo de 2024. Consultado o 13 de xullo de 2024.
- ↑ Ibanga, Imaeyen (15 de outubro de 2008). "Richard Simmons Obesity Crusade – ABC News". Abcnews.go.com. Consultado o 2 de maio de 2013.
- ↑ Claus von Zastrow on (27 de marzo de 2008). "Kids Aren't Well-Rounded; They're Just...Rounded". Public School Insights. Arquivado dende o orixinal o 07 de setembro de 2012. Consultado o 2 de maio de 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha na IMDb (en inglés)