Richard Matheson
Richard Matheson | |
---|---|
![]() ![]() | |
Alcume | Logan Swanson |
Nacemento | 20 de febreiro de 1926 |
Allendale | |
Falecemento | 23 de xuño de 2013 |
Os Ánxeles | |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Alma máter | Universidade do Missouri |
Ocupación | escritor, guionista, novelista e escritor de ciencia ficción |
Fillos | Richard Christian Matheson, Ali Marie Matheson e Chris Matheson |
Premios | Prêmio Edgar, Science Fiction and Fantasy Hall of Fame e Geffen Award |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Richard Matheson, nado en Allendale, Nova Jersey, o 20 de febreiro de 1926 e finado o 23 de xuño de 2013, é un escritor estadounidense de fantasía, ficción científica e horror.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
illo de inmigrantes noruegueses, criouse en Brooklyn e estudou na Brooklyn Technical School. Despois fixo o servizo militar como soldado de infantería na Segunda Guerra Mundial. En 1949 licenciouse en xornalismo pola Universidade de Missouri e en 1951 mudouse a California. Casou en 1952 e tres dos seus catro fillos (Chris, Richard Christian e Ali Matheson) tamén son escritores e guionistas.
Obra[editar | editar a fonte]
Matheson iniciouse na literatura publicando os seus contos no diario Brooklyn Eagle. Xa en California, empezou a escribir relatos de fantasía, terror e ciencia-ficción, publicados desde 1950 pola revista Magazine of Fantasy and Science Fiction. O seu primeiro conto publicado Borne of Man and Woman fíxoo inmediatamente famoso.
En 1954 apareceu a súa xa clásica novela I Am Legend, unha orixinal historia na cal o mundo sofre unha pandemia de vampirismo á que se ten que enfrontar un só home. En 1957 adaptou ao cine a súa novela The Shrinking Man, da cal resultou un filme de culto.
Tamén destacou como guionista de varios capítulos da serie televisiva Twilight Zone e da película de Steven Spielberg Duel, baseada nun relato seu.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Richard Matheson |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Richard Matheson na IMDb (en inglés).