Richard Hieb

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Richard J. Hieb»)
Richard Hieb
Datos persoais
Nacemento21 de setembro de 1955
LugarJamestown
Actividade
MisiónsSTS-65, STS-39 e STS-49
Tempo no espazo31,94 días
editar datos en Wikidata ]

Richard James Hieb, nado en Jamestown, Dakota do Norte, o 21 de setembro de 1955, é un astronauta estadounidense retirado que formou parte das misións STS-65, STS-39 e STS-49.[1][2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Hieb graduouse en matemáticas e física polo Colexio Nazareno do Noroeste en 1977 e é máster en enxeñería aeroespacial pola Universidade de Colorado en 1979.[1][2]

Foi seleccionado pola NASA en xuño de 1985, participando nas misións STS-65, STS-39 e STS-49 e pasando un total de 31,94 días no espazo.[1][2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2020). "Hieb, Richard James 'Rick'" (en inglés). Consultado o 14 de maio de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 NASA, ed. (xaneiro de 1995). "RICHARD J. HIEB (MR.)NASA ASTRONAUT (FORMER)" (PDF) (en inglés). Consultado o 14 de maio de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]