Richard Henkes
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2019.) |
Richard Henkes | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 1900 e 26 de maio de 1900 |
Ruppach-Goldhausen | |
Falecemento | 1945 e 22 de febreiro de 1945 |
Campo de concentración de Dachau | |
Causa | Febre tifoide |
Nacionalidade | Alemaña |
Relixión | Igrexa católica |
Ocupación | sacerdote católico e membro da resistencia |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Richard Henkes, nado o 26 de maio de 1900 en Ruppach-Goldhausen (distrito de Westerwald, Imperio Alemán) e finado o 22 de febreiro de 1945 no campo de concentración de Dachau, foi un sacerdote católico latino alemán vítima do nazismo.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Richard Henkes naceu o 26 de maio de 1900 na aldea de Ruppach en Westerwald, preto de Montabaur. Co propósito de ser misioneiro palotino no Camerún, en 1912 se trasladou á casa de estudos dos palotinos de Vallendar, da que foi nomeado director espiritual ao mesmo tempo Josef Kentenich. Henkes participou activamente na vida da Congregación Mariana alí fundada, e chegou a ser presidente da súa sección misioneira.
En 1918 foi chamado para facer o servizo militar en Darmstadt, e ao ano seguinte rematou os seus estudos secundarios e ingresou nos palotinos. En 1921 fixo a primeira consagración temporal, e logo de superar unha importante crise espiritual foi ordenado sacerdote en 1925 en Limburg an der Lahn. A partir de 1926 ensinou na escola dos palotinos de Schönstatt, entre abril de 1928 e setembro de 1929 en Drüpt, e posteriormente de novo en Schönstatt.