Richard F. Gordon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Richard F. Gordon Jr.»)
Richard F. Gordon
Datos persoais
Nacemento5 de outubro de 1929
LugarSeattle
Falecemento6 de novembro de 2017
Actividade
MisiónsGemini 11 e Apollo 12
Tempo no espazo13,16 días
PremiosDistinguished Flying Cross, United States Astronaut Hall of Fame, Medalha de Serviço Distinto da NASA e International Space Hall of Fame
editar datos en Wikidata ]

Richard Francis Gordon Jr., nado en Seattle (Washington) o 5 de outubro de 1929 e finado o 6 de novembro de 2017, foi un astronauta estadounidense que formou parte das misións Gemini 11 e Apollo 12.[1][2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Gordon graduouse en química pola Universidade de Washington en 1951. En 1953 incorporouse á Armada dos Estados Unidos de América, chegando ao grao de capitán. En 1957 daba clases na Escola de Pilotos de Probas da Armada en Patuxent River, Maryland.[1][2]

Foi seleccionado como astronauta pola NASA en outubro de 1963. Participou nas misións Gemini 11 e Apollo 12, pasando un total de 13,16 días no espazo.[1][2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2020). "Gordon, Richard Francis Jr 'Dick'" (en inglés). Consultado o 2 de maio de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 NASA, ed. (novembro de 2017). "RICHARD F. GORDON, JR. (CAPTAIN, USN, RET.)NASA ASTRONAUT (DECEASED)" (PDF) (en inglés). Consultado o 2 de maio de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]