Richard Cushing
Richard James Cushing | |
---|---|
![]() | |
Cardeal da Igrexa Católica | |
Biografía | |
Nacemento | 24 de agosto de 1895 en Boston, Massachusetts |
Pasamento | 2 de novembro de 1970 en Boston, Massachusetts |
Ordes | |
Ordenación sacerdotal | 26 de maio de 1921, por William Henry O'Connell |
Consagración episcopal | 29 de xuño de 1939, por William Henry O'Connell |
Creado cardeal | 15 de decembro de 1958, por Xoán XXIII |
Arcebispo de Boston | |
25 de setembro de 1944 - 8 de setembro de 1970 | |
Predecesor | William Henry O'Connell |
Sucesor | Humberto Sousa Medeiros |
Outros | |
![]() Escudo de Richard Cushing | |
Ficha en catholic-hierarchy.org |
Richard James Cushing, nado o 24 de agosto de 1895 en Boston (Massachusetts)[1] e finado o 2 de novembro de 1970 ib., foi un eclesiástico estadounidense, cardeal da Igrexa Católica e arcebispo de Boston.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Richard Cushing naceu no distrito de South Boston, fillo dos inmigrantes irlandeses Patrick Cushing e Mary Dahill Cushing.[1] Cursou os seus estudos de Filosofía e Teoloxía en Boston e en Brighton. O 26 de maio de 1921 foi ordenado sacerdote,[2] e posteriormente traballou na arquidiocese de Boston.
En 1939 Cushing foi nomeado bispo titular de Mela e bispo auxiliar de Boston. Recibiu a consagración episcopal o 29 de xuño de 1939 polo arcebispo William Henry O'Connell, sendo os bispos co-consagrantes John Bertram Peterson e Thomas Addis Emmet.[3]
O 25 de setembro de 1944 foi nomeado arcebispo de Boston polo papa Pío XII.[4] O 15 de decembro de 1958 o papa Xoán XXIII creouno cardeal co título de Cardeal-Presbítero de Santa Susanna.[4]
Richard Cushing participou entre 1962 e 1965 no Concilio Vaticano Segundo. En 1963 oficiou o funeral polo presidente dos Estados Unidos John F. Kennedy. En 1965 consagrou, como legado pontificio, a catedral de Galway, en Irlanda. Deixou o goberno da arquidiocese por enfermidade o 8 de setembro de 1970, e finou pouco despois, o 2 de novembro do mesmo ano, e foi enterrado na capela da Colette School.
Distincións[editar | editar a fonte]
Foi nomeado doutor honoris causa pola Universidade de Portland en 1952,[5] pola Universidade Nacional de Irlanda en 1958,[6] e pola Universidade Santa María de Halifax o 12 de maio de 1959.[7]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 Hall, Timothy L. (2003). Infobase Publishing, ed. American Religious Leaders. p. 88. ISBN 9781438108063.
- ↑ Shannon, Hope J. (2014). Arcadia Publishing, ed. Legendary Locals of Boston's South End. p. 13. ISBN 9781439645024.
- ↑ Bransom, Charles N. (1990). United States Conference of Catholic Bishops, ed. Ordinations of U.S. Catholic Bishops, 1790-1989: A Chronological List. p. 96. ISBN 9781555863234.
- ↑ 4,0 4,1 Rudin, Arnold James (2012). Wm. B. Eerdmans Publishing, ed. Cushing, Spellman, O'Connor: The Surprising Story of how Three American Cardinals Transformed Catholic-Jewish Relations. p. 57. ISBN 9780802865670.
- ↑ Universidad de Portland (ed.). "Honorary Degrees". Consultado o 17 de setembro de 2014.
- ↑ Universidade Nacional de Irlanda (ed.). "NUI Honorary Degrees Awarded" (PDF). Consultado o 17 de setembro de 2014.
- ↑ Universidade Santa María de Halifax. "Honourary Degrees 1952 - 1970" (en inglés). Consultado o 16 de setembro de 2014.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Dever, Joseph (1975). Branden Books, ed. Cushing of Boston: A Candid Portrait. ISBN 9780828313827.
- Nados en 1895
- Nados en Boston, Massachusetts
- Finados en 1970
- Bispos católicos dos Estados Unidos de América
- Bispos da Igrexa católica latina
- Cardeais creados por Xoán XXIII
- Cardeais dos Estados Unidos de América
- Doutores honoris causa pola Universidade Santa María de Halifax
- Doutores honoris causa pola Universidade Nacional de Irlanda
- Doutores honoris causa pola Universidade de Portland
- Doutores honoris causa pola Universidade de Notre Dame