Richard Aoki

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Richard Aoki
RichardAoki.jpg
Richard Aoki
Nacemento20 de novembro de 1938
 San Leandro
Falecemento15 de marzo de 2009
 Berkeley
NacionalidadeEstados Unidos de América
EtniaNipo-americano
Alma máterMerritt College
Ocupacióneducador, school counselor e Activista polos dereitos humanos
editar datos en Wikidata ]

Richard Aoki, nado en 1938 e falecido o 15 de marzo de 2009, foi un activista pro-dereitos civís estadounidense de ascendencia xaponesa, un dos primeiros membros dos Panteras Negras.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado en San Leandro, California, en 1938, foi trasladado en 1942, xunto coa súa familia, a un campo de concentración, até que rematou a II Guerra Mundial. Máis tarde mudáronse para Oakland (California). Aoki estivo durante oito anos no exército norteamericano, máis tarde asistiu ao Merritt College, onde fixo amizade con Huey P. Newton e Bobby Seale, cofundadores dos Panteras Negras. En 1968 graduaríase en Socioloxía, pola Universidade de Berkeley, California. A pesar de que houbo moitos militantes de orixe asíatica nos Panteras Negras, Aoki foi o único que chegou a ostentar un cargo de importancia.