Richard Adams

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Richard George Adams
Richard Adams 20081116.jpg
Datos persoais
Nacemento 9 de maio de 1920
Lugar Newbury, Berkshire
Falecemento 24 de decembro de 2016 (96 anos)
Actividade
Lingua Inglés
Xéneros Novela

Richard George Adams, nado o 9 de maio de 1920 e finado o 24 de decembro de 2016,[1] foi un novelista inglés moi coñecido como autor da novela para pícaros Watership Down. Outras obras coñecidas son Shardik e The Plague Dogs. Todas elas contan con animais como protagonistas. Watership Down orixinalmente era unha historia que lle contaba ás súas fillas pequenas. Antes de obter éxito literario, Adams era funcionario do Ministerio de Agricultura inglés.

Biografía[editar | editar a fonte]

Adams naceu o 9 de maio de 1920 en Wash Common, preto de Newbury, Berkshire, Reino Unido. Asistiu á Escola Horris Hill, de 1926 a 1933, e logo ao Bradfield College, desde 1933 até 1938. En 1938, trasladouse ao Worcester College para aprender historia moderna. En xulño de 1940, pouco despois da declaración de guerra entre o Reino Unido e Alemaña, Adams foi chamado para unirse ao exército británico. Serviu no Oriente Medio e na India, sen chegar a combater contra os alemáns ou os xaponeses.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Watership Down (1972)
  • Beklan Empire
  • Nature Through the Seasons (1975)
  • The Tyger Voyage (1976)
  • The Plague Dogs (1977)
  • The Adventures & Brave Deeds Of The Ship's Cat On The Spanish Maine: Together With The Most Lamentable Losse Of The Alcestis & Triumphant Firing Of The Port Of Chagres (1977)
  • Nature Day and Night (1978)
  • The Girl in a Swing (1980)
  • The Iron Wolf and Other Stories (1980
  • The Phoenix Tree (1980
  • The Legend of Te Tuna (1982)
  • Voyage Through the Antarctic (1982)
  • A Nature Diary (1985)
  • Traveller (1988)
  • The Day Gone By (autobiografía) (1990)
  • Tales from Watership Down (1996)
  • The Outlandish Knight (1999)
  • Daniel (2006)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Watership Down author Richard Adams dies aged 96". BBC News. 27 de decembro de 2016. Consultado o 27 de decembro de 2016. 

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre literatura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.