Ricardo Outeiriño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ricardo Outeiriño
Nacemento1904
 Ourense
Falecemento25 de xaneiro de 1986
 Ourense
SoterradoCemiterio de San Francisco de Ourense
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista
editar datos en Wikidata ]

Agustín Ricardo Outeiriño Rodríguez, nado en Ourense en 1904 e finado na mesma cidade o 25 de xaneiro de 1986, foi un xornalista e editor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Irmán de Alejandro e José Luis Outeiriño Rodríguez. Realizou estudos de Filosofía e Letras na Universidade de Madrid. Foi director do semanario Heraldo de Galicia e do xornal Galicia. Militante do Partido Galeguista dende a súa Asemblea fundacional en decembro de 1931, cando este se integrou na Fronte Popular, pasou á fracción dereitista con Vicente Risco. Dirixiu o diario La Región, do que foi copropietario xunto co seu irmán Alejandro, entre 1932 e 1968. Fundou a revista Misión en 1937. Escribiu varias comedias e contos, e publicou o libro Cuentos de Orense (1979).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]