Ricardo Flores

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Ricardo Flores Pérez")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Para o xornalista, escritor e político anarquista mexicano véxase Ricardo Flores Magón.
Ricardo Flores
Nacemento1 de maio de 1903
 Sada
Falecemento2002
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor, político e linguistic rights activist
editar datos en Wikidata ]

Ricardo Flores Pérez, nado en Sada en 1903 e finado en Buenos Aires en 2002, foi un escritor galego e un dos máis sobranceiros autores teatrais da diáspora galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado no seo dunha familia labrega de Sada, desde moi neno traballa a terra e aprende o oficio de ferreiro, ao tempo que escribe os seus primeiros textos. En 1926 estrea a súa primeria peza teatral Un fillo de bendición no Pavillón Moragra da súa vila. En 1927 e 1928 estrea as súas seguintes obras Consellos do tío Xan. Emigra a Buenos Aires en 1929, onde foi un dos dirixentes da Irmandade Galega e da Sociedade Nazonalista Pondal, directos da Asociación Coral "Os rumorosos", secretario do Consello de Galiza e presidente do Centro Provincial Coruñés. Como dramaturgo, tivo un importante papel no teatro da diáspora. En 1952 constitúe o Cadro de Declamación Lugrís Freire, coa que estreou distintas obras da súa autoría e do teatro rexionalista.

Obra[editar | editar a fonte]

Teatro

  • Un fillo de bendición (1926)
  • Consellos do tío Xan (1927)
  • Querer de comenencia (1928)
  • Mai e filla(1934)
  • Un ovo de dúas xemas. Comedia rideira en dous pasos, 1938 (teatro)
  • Enguedello, 1939 (teatro)
  • Pra isso som teu amigo
  • Ugio
  • Catro estampas de beiramar, 1961 (teatro)
  • Dúas estampas da emigración
  • O afiador

Artigos

  • "Algo sobre o movimento galeguista en Buenos Aires (1930-1980)
  • "O teatro como movimento proseletista"
  • "A lírica popular galega en Buenos Aires"



Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre unha personalidade galega é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.