Ricard Salvat

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRicard Salvat
Nome orixinal(ca) Ricard Salvat i Ferré Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento17 de agosto de 1934 Editar o valor em Wikidata
Tortosa, España Editar o valor em Wikidata
Morte24 de marzo de 2009 Editar o valor em Wikidata (74 anos)
Barcelona, España Editar o valor em Wikidata
Causa da morteHemorraxia cerebral Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Barcelona Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndramaturgo , director teatral , profesor universitario , escritor , novelista Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Barcelona Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoDramaturxia e novela Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua catalá e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0759322 Dialnet: 979330 Editar o valor em Wikidata

Ricard Salvat i Ferré, nado en Tortosa o 17 de agosto 1934 e finado en Barcelona en ​​2009, foi un escritor catalán, director de teatro e profesor universitario. Salvat foi un dos principais nomes do teatro catalán, fundador da Escola de Arte Dramática Adrià Gual e director de obras que marcaron unha época, como a Ronda de mort a Sinera de Salvador Espriu, estreada en 1965. coa compañía Adrià Gual no Teatre Romea, e que en 2002 levou ao Teatre Lliure. Recibiu, entre outros galardóns, o Premio Nacional de Teatro de 1999.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu o 17 de agosto de 1934 na cidade de Tortosa, unha localidade situada na comarca do Baix Ebre. Estudou filosofía na Universidade de Barcelona, ​​converténdose en profesor axudante na súa licenciatura. Deixou este centro en solidariedade coa expulsión de José Luis López Aranguren,[1] regresando tres anos despois. Entre 1977 e 1986 foi director do desaparecido Festival Internacional de Teatro de Sitges, converténdose nese ano en profesor de artes escénicas na Universidade de Barcelona. Tamén dirixiu o Festival Internacional de Teatro de Tortosa - EntreCultures celebrado en 2004, 2005 e 2006.[2] É membro numerario da Real Academia Catalana de Belas Artes de Sant Jordi desde 2003.

Morreu o 24 de marzo de 2009 en Barcelona aos 74 anos.[3][4]

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

Interesouse polo mundo do teatro na universidade, onde coñeceu a Feliu Formosa, Salvador Giner e Josep Maria Carandell, con quen desenvolveu o seu interese por actuar en catalán. Ao ano seguinte fundou, xunto con Maria Aurèlia Capmany, a Escola de Arte Dramática Adrià Gual e, en 1975, a Escola de Estudos Artísticos de L'Hospitalet de Llobregat. En 1965 estreou no Teatre Romea a súa obra Ronda de mort a Sinera sobre textos de Salvador Espriu, considerada unha peza fundamental no teatro catalán contemporáneo e que converteu a Espriu na chamada "voz do pobo". Tamén levou ao teatro unha gran cantidade de obras doutros autores, incluíndo Solitud de Víctor Català, Yerma de Federico García Lorca, El adefesio de Rafael Alberti, La bona persona de Sezuan de Bertolt Brecht, La filla del mar de Ángel Guimerà, El asombrado de Ramón María ddel Valle Inclán, Les bacants de Eurípides ou L'amansiment de la fera de William Shakespeare.

Do 2000 ao 2005 foi colaborador do programa La República con Joan Barril en COM Ràdio.

Foi profesor na Universidade Rovira i Virgili de Tarragona, durante os cursos 2001-2002 e 2002-03 no Grao en Historia da Arte, impartindo a materia "Teoría da Arte" e no Grao de Historia coa materia optativa "Introdución ao teatro".

Do 5 de setembro ao 19 de outubro de 2008 dirixiu Un dia. Mirall trencat, a súa última obra, no Teatre Borràs de Barcelona. Foi unha produción baseada na obra de Mercè Rodoreda i Gurguí e representou o ano do centenario do nacemento da novelista.

Ricard Salvat e a cultura galega[editar | editar a fonte]

En 1958 viaxou a impartir un curso de teatro a un albergue da comarca de Betanzos. No interior da vivenda dun taberneiro quedou impresionado por unha figuriña de cerámica que reproducía un home vestido de negro e encorvado, era unha imaxe de Castelao da Cerámica Celta de Cesures. Anos máis tarde coincidiu e fíxose amigo de Xesús Alonso Montero.[5]

No curso académico de 1968/69, o CITAC de Coímbra contratou como director artístico a Ricard Salvat para realizar un traballo pedagóxico, coa preparación de dous espectáculos co CITAC. O primeiro destes espectáculos foi titulado Brecht + Brecht. O segundo espectáculo era unha montaxe, relacionada co teatro épico e o teatro documento e con colaboradorescomo Luís Seoane ou Isaac Díaz Pardo e a colaboración de músicos como José Niza. Titulábase Castelao e a sua época, pretendía ser un diálogo entre culturas ibéricas centrado na figura de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. Mais nun anos de protestas estudantís a Policia Internacional e de Defensa do Estado (PIDE) prendeu e expulsou a Salvat do país o que, sumado á anterior negativa de autorización para a representación que fora levada polos servizos de censura, fixeron con que o traballo deste segundo espectáculo se perdese.[6] No Consello da Cultura Galega pódese consultar o epistolario entre Ricard Salvat e Luís Seoane arredor deste traballo.[7]

O 12 de setembro de 1991 pronunciou en Mondoñedo a conferencia Cunqueiro y el teatro europeo de su tiempo.[8] Nese ano dirixiu para o Centro Dramático Galego O incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca, de Álvaro Cunqueiro.[9]

Obra[editar | editar a fonte]

Novela[editar | editar a fonte]

  • Animals destructors de lleis (1961). México: Xaloc. En 2009: Animals destructors de lleis, Editorial Meteora, edición commemorativa do 50º aniversario do Premi Joanot Martorell.
  • La cafetera (1963). Barcelona: Barrigòtic.

Teatro[editar | editar a fonte]

  • Mort d'home. Els espíes. Sis pantomimes (1963). Palma de Mallorca: Moll.
  • Nord enllà (1965). Barcelona: Occitània.
  • Ronda de mort a Sinera (1966). Barcelona: Barrigòtic.
  • Adrià Gual i la seva època (1981). Barcelona: Ed. 62.
  • Salvat-Papasseit i la seva època: però la joia és meva (1981). Barcelona: Ed. 62.

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • Els meus muntatges teatrals (1966). Barcelona: Ed. 62.
  • El teatre contemporani (1966). Barcelona: Ed. 62.
  • El teatre contempòrani 1. El teatre és una arma? (1966). Barcelona: Ed. 62.
  • El teatre contempòrani 2. El teatre és una ètica (1966). Barcelona: Ed. 62.
  • Sempre la llum (1975). Barcelona: Canigó.
  • El teatre a Barcelona durant la il·luminació de gas i l'espectacle del XIX a Catalunya (1980). Barcelona: Seix Barral.
  • Escrits per al teatre (1990). Barcelona: Institut del Teatre.
  • Dietaris (1962-1968) (2016). Universidade de Barcelona Edicions.

Montaxes[editar | editar a fonte]

  • 1961: Mort d'home, obra propia.
  • 1965: Ronda de mort a Sinera, obra propia a partir de textos de Salvador Espriu, premiada co Trofeo Yorick e reposta en 2005 no Teatre Lliure de Barcelona.
  • 2004: Noche de guerra en el Museo del Prado, de Rafael Alberti, en Madrid.
  • 2008: Un día. Mirall trencat, adaptación de Salvat e Manuel Molins a partir de textos de Mercè Rodoreda, nol Teatro Borrás de Barcelona.

Premios e recoñecementos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "la universitat avui". web.archive.org. 2008-05-09. Archived from the original on 09 de maio de 2008. Consultado o 2021-01-09. 
  2. Bordes, Jordi (1965). "Salvar en Salvat". Presència 2021: 58–60. 
  3. "Es mor l'escriptor i director teatral Ricard Salvat". VilaWeb.cat (en catalán). Consultado o 2021-01-09. 
  4. "Fallece el dramaturgo Ricard Salvat a los 74 años". El País (en castelán). 2009-03-24. ISSN 1134-6582. Consultado o 2021-01-09. 
  5. culturagalega.org (2020-03-27). "A publicación das cartas entre Ricard Salvat e Luís Seoane amosan unha historia fascinante nas orixes do teatro galego contemporáneo". culturagalega.org (en castelán). Consultado o 2021-01-09. 
  6. Iglesias Mira, Antonio. "Ricard Salvat en Portugal: Brecht, Castelao e a sua época e censura". www.tesisenred.net. 
  7. "Epistolario entre Ricard Salvat e Luís Seoane / FONDOS DOCUMENTAIS / CONSELLO DA CULTURA GALEGA". consellodacultura.gal. Consultado o 2021-01-09. 
  8. "Cunqueiro e o teatro europeo do seu tempo: conferencia de Ricard Salvat Cunqueiro 2011" (en inglés). Consultado o 2021-01-09. 
  9. "CDG: Temporada". centrodramatico.xunta.gal. Consultado o 2021-01-09. 
  10. "O Pen Clube galego premia a Sábato, Nélida Piñón, Ricard Salvat e Juaristi". La Voz de Galicia. 2002-02-22. Consultado o 2021-01-09. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns[editar | editar a fonte]