Ribera del Órbigo
Aparencia
Coord.: 42°32′N 5°51′O / 42.53, -5.85
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Ribera.
| Localización | ||||
|---|---|---|---|---|
| ||||
| Estado | España | |||
| Comunidade autónoma | Castela e León | |||
A Ribera del Órbigo[1] é unha comarca tradicional española situada na zona central da provincia de León.
Xeografía
[editar | editar a fonte]A comarca abarca o territorio bañado polas augas do río Órbigo que nace preto de Secarejo, froito da confluencia dos ríos Omaña e Luna, aínda que os límites setentrionais sitúanse algo máis ao norte e inclúen un breve treito do río Omaña. De norte a sur abarca os termos municipais de Las Omañas, Llamas de la Ribera, Cimanes del Tejar, Carrizo de la Ribera, Turcia, Santa Marina del Rey, Benavides, Villares de Órbigo, Hospital de Órbigo e Villarejo de Órbigo.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Por la Ruta del Órbigo" (en castelán). Consultado o 25 de novembro de 2024.
- ↑ Sánchez Badiola, Juan José (1991). Diputación Provincial de León, ed. El fenómeno comarcal en la provincia de León (en castelán). p. 70-71. ISBN 84-87081-49-5.
