Riane Eisler

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Riane Eisler
Riane Eisler.png
Nacemento22 de xullo de 1931
 Viena
NacionalidadeEstados Unidos de América e Austria
Alma máterUniversidade de California e University of Valle
Ocupaciónantropóloga, historiadora, socióloga, Activista polos dereitos humanos, escritora e peace researcher
Coñecida porThe Chalice and the Blade
editar datos en Wikidata ]

Riane Tennenhaus Eisler, nada en Viena en 1937, é unha académica austríaca, escritora, avogada e activista social. Fuxiu do nazismo cara a Cuba coa súa familia cando aínda era nena; máis tarde emigrou aos Estados Unidos. Graduada en Socioloxía e Dereito na Universidade de California é autora de varios artigos e influentes libros. É presidenta do Center for Partnership Studies. Eisler é definida como unha historiadora da cultura e unha teórica da evolución.[1][2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nace en Viena e emigra aos Estados Unidos despois de fuxir dos nazis aos sete anos e pasar outros sete en Cuba. Estudou Socioloxía, Antropoloxía e Dereito na Universidade de California Os Ánxeles (UCLA), onde máis tarde impartiría cátedra en temas de Xénero e Dereito. Escribiu obra relativa á teoría da evolución humana, historia da cultura e modelos de cooperación.[3] Considérase como pioneira nos estudos holísticos sobre a humanidade no pasado, presente e futuro.[4] É presidenta do The Centre for Partnership Studies do World Future Council, de onde tamén é conselleira. É cofundadora do General Evolution Research Group (GERG), da Spiritual Alliance to Stop Intimate Violence (SAIV)[5] e da World Comission on Global Consciousness and Spirituality así como doutras organizacións feministas. É tamén responsábel da área de investigación da Academia Mundial de Arte e Ciencia, da World Business Academy.

Ten máis de 300 artigos publicados, entre os que se atopan: “Behavioral Science, Futures, Political Psychology, The Christian Science Monitor, e o Xornal da UNESCO--Brain and Mind, Human Rights Quarterly, International Journal of Women's Studies, e a World Encyclopedia of Peace”.[6]

Polo seu amplo labor na educación e a investigación, foi acredora de diversos recoñecementos e premios tales como: recoñecemento na Primeira Enciclopedia Mundial da Paz,[4] diversos doutoramentos honoris causa, Premio Nuclear Age Peace Foundation Leadership, o Primeiro premio Alice Paul ERA de Educación e o Humanist Pioneer Award.

É asesora na aplicación dos seus modelos de cooperación en gobernos e empresas; colabora para que se lexisle a favor da infancia e as mulleres.[4] Expuxo o seu pensamento ante a Organización das Nacións Unidas, ante as autoridades de goberno de Colombia (invitación emitida polo Alcalde de Bogotá), en República Checa (convidada polo Presidente desta Nación, Vaclav Havel), ante o Parlamento Alemán (baixo a invitación de Rita Suessmuth, presidenta no momento do Bundestag) e noutras instancias internacionais.[5]

Polos seus modelos de evolución humana e os seus estudos de antropoloxía é considerada como a mellor herdeira da arqueóloga de orixe lituana Marija Gimbutas.

Obras[editar | editar a fonte]

O super vendas internacional The Chalice and The Blade: Our History, Our Future (O cáliz e a espada: A nosa historia, o noso futuro) (Harper Collins, San Francisco, 1987) foi considerado polo antropólogo Ashley Montagu como «o libro máis importante desde A orixe das especies de Darwin». Foi traducido a 22 idiomas, incluíndo a maioría de linguas europeas, chinés, ruso, coreano, hebreo e xaponés.[1]

A súa obra de 2007, The Real Wealth of Nations: Creating a Caring Economics (A verdadeira riqueza das Nacións: Creación da Economía do Coidado), propón un novo enfoque á economía que ofrece visibilidade e valor ao traballo máis esencialmente humano: o traballo de preocuparse polas persoas e polo planeta. Foi considerado polo arcebispo Desmond Tutu como «un modelo para o mundo mellor que estivemos buscando con tanta urxencia», por Peter Senge como «desesperadamente necesario", por Jane Goodall como "unha chamada á acción", e por Gloria Steinem como "revolucionario".[7]

Outras obras de Eisler inclúen a galardoada The Power of Partnership and Tomorrow’s Children, así como Sacred Pleasure (Pracer sacro), unha revisión da sexualidade humana e da espiritualidade; e Women, Men, and the Global Quality of Life, que documenta estatisticamente o papel clave do status da muller na calidade de vida dunha nación.

Bibliografía[editar | editar a fonte]

En español[editar | editar a fonte]

En inglés[editar | editar a fonte]

  • Dissolution: NoFault Divorce, Marriage, and the Future of Women. New York: McGraw-Hill, 1977.
  • The Equal Rights Handbook: What ERA means for your life, your rights, and your future. New York: Avon, 1979.
  • The Chalice and The Blade: Our History, Our Future. New York: Harper & Row, 1989. ISBN 0-06-250289-1
  • Sacred Pleasure: Sex, Myth, and the Politics of the Body. San Francisco: Harper, 1996. ISBN 0-06-250283-2
  • The Partnership Way: New Tools for Living and Learning, with David Loye, Holistic Education, 1998 ISBN 0-9627232-9-0
  • Tomorrow's Children: A Blueprint for Partnership Education in the 21st Century (2000)
  • The Power of Partnership: Seven Relationships that will Change Your Life (2002)
  • Educating for a Culture of Peace (2004)
  • The Real Wealth of Nations: Creating a Caring Economics. San Francisco: Berrett-Koehler, 2007. ISBN 978-1-57675-388-0

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Perfil de Riane Eisler en el Institute of Noetic Sciences" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 4 de febreiro de 2013. Consultado o 23 de xaneiro de 2013. 
  2. "Biografía en World Future Council" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 21 de maio de 2010. Consultado o 23 de xaneiro de 2013. 
  3. "Riane Eisler Presidenta del Centro para los Estudios de Cooperación". Sitio web de la The World Future Council (en español). Arquivado dende o orixinal o 2 de abril de 2015. Consultado o 15 de marzo de 2015. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Reich. "Informacion sobre tres libros de Riane Eisler El Cáliz y la Espada: Nuestra historia, nuestro futuro. Placer Sagrado. La Niñez del Mañana: Educación Solidaria para el Siglo 21.". Sitio Web del Center of Partnership Studies (en español). Arquivado dende o orixinal o 7 de abril de 2015. Consultado o 15 de marzo de 2015.  |first3= sen |last3= in Authors list (Axuda)
  5. 5,0 5,1 Esteban. "Biografía de Riane Eisler Autora de prestigio y Macro-historiadora Riane Eisler.". Sitio web del Center of Partnership Studies (en español). Arquivado dende o orixinal o 20 de febreiro de 2015. Consultado o 15 de marzo de 2015.  |first3= sen |last3= in Authors list (Axuda)
  6. Esteban. "Biografía de Riane Eisler Autora de prestigio y Macro-historiadora Riane Eisler." (en Español (tradución)). Arquivado dende o orixinal o 20 de febreiro de 2015. Consultado o 15 de marzo de 2015.  |first3= sen |last3= in Authors list (Axuda)
  7. "Biografía de Riane Eisler en el Center for Partnership Studies" (en español). Arquivado dende o orixinal o 23 de xaneiro de 2013. Consultado o 23 de xaneiro de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]