Rheobatrachus silus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Rheobatrachus silus
Rheobatrachus silus.jpg
Estado de conservación
Status iucn3.1 EX gl.svg
Extinto
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Amphibia
Orde: Anura
Suborde: Neobatrachia
Familia: Myobatrachidae
Xénero: Rheobatrachus
Especie: 'Rheobatrachus silus'
Distribución de Rheobatrachus silus (verde) e Rheobatrachus vitellinus (azul).

Distribución de Rheobatrachus silus (verde) e Rheobatrachus vitellinus (azul).

Rheobatrachus silus é unha especie extinta de anfibio anuro da familia Myobatrachidae. Era o único animal coñecido quen de incubar os seus ovos no seu estómago, un feito que conseguía desconectando aparentemente as súas encimas dixestivas mediante unha substancia producida polos ovos. Esta ra extinguiuse en 1981.[1] Científicos da Universidade de Nova Gales do Sur anunciaron en marzo de 2013 que esta especie estaba dentro do «Proxecto Lázaro», que tenta resucitar especies extintas mediante clonación; así, conseguiron clonar algúns embrións, pero non sobreviviron.[2][3]

Hábitat e distribucción[editar | editar a fonte]

Rheobatrachus silus habitaba na rexión subtropical chuviosa de Australia, en regatos na selva pluvial, bosques esclerófilos húmidos e bosques en galería en alturas entre uns 350 ou 400 m a 800 m.[4][5][5][6] O seu hábitat ocupaba menos de 1.400 km².[5]

Extinción[editar | editar a fonte]

Non se pode dicir con certeza cales foron as causas da súa desaparición.[5] Hai indicios de que a enfermidade quitridiomicose causou un gran número de mortes entre a poboación de Rheobatrachus silus no norte de Queensland en Australia.[7] A última mención da observación dun espécime en natureza data de 1981, e en 1993 e 1999 afirmouse en dúas publicacións que desde 1981 non se observou ningún espécime en natureza. En 1983, supostamente morreu o último exemplar en catividade. A especie foi declarada extinta en 2002.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]