Rexións e Pobos Solidarios
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2017.) |
Rexión e Pobos Solidarios (R&PS) é unha federación de partidos políticos autonomistas, nacionalistas ou independentistas do estado francés.
Reivindicacións[editar | editar a fonte]
No seu congreso celebrado en Brinhogan (Bretaña) o 25 de agosto de 2005 adoptaron as seguintes proposicións:
- Ratificación por parte do estado francés da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias, modificación do artigo segundo da constitución francesa e oficialización de tódalas linguas faladas en Francia.
- Creación de rexións cun estatuto específico en Savoia, Iparralde e Cataluña Norte, creación dun ámbito administrativo na Bretaña incluíndo o departamento do Loira Atlántico e a creación dunha inter-rexión occitana.
- Estabelecemento dunha república federal en Francia.
- Regulamento político e mesa para tratar as reivindicacións autonomistas.
- Agrupamento dos presos corsos, vascos, bretóns e occitanos.
Membros[editar | editar a fonte]
Occitania: Partit Occitan.
Iparralde: Partido Nacionalista Vasco, Eusko Alkartasuna e Abertzaleen Batasuna (como observador).
Cataluña Norte: Convergència Democràtica de Catalunya e Esquerra Republicana de Catalunya.
Bretaña: Unión Democrática Bretoa e Frankiz Breizh.
Departamento de Savoia: Movemento Rexión de Savoia.
Córsega: Partido da Nación Corsa.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Páxina oficial (en francés)