Rexemento de Patricios

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rexemento de Patricios en 2012.

O Rexemento de Infantería de Patricios foi creado por mor das Invasións inglesas, en setembro de 1806. O seu primeiro xefe foi Cornelio Saavedra. Este rexemento formouse en resposta ao pedido de Santiago de Liniers que pedía aos veciños que se armasen para defender a cidade de Bos Aires, na Arxentina, contra os invasores británicos. Os Patricios tiveron unha importante participación durante a Revolución de Maio de 1810. En 1812, o xeneral Manuel Belgrano estivo ao mando deste rexemento, sendo estes os primeiros en xurar á Bandeira Nacional. Interviñeron en numerosas accións bélicas na defensa da patria, por exemplo, na Campaña do Deserto, a Guerra contra o Brasil (1826/27), na Volta de Obrigado (1845), e na Guerra de Paraguai (1865/70). A súa última participación foi na Guerra das Malvinas en 1982.

Bautismo de fogo[editar | editar a fonte]

O 5 de xullo de 1807 produciuse o bautismo de fogo dos Patricios, durante a Defensa de Bos Aires ante as Invasións Inglesas.

Actualidade[editar | editar a fonte]

Actualmente custodia ao Estado Maior do Exército, resgarda o Cabido de Bos Aires e o Palacio de Goberno da Cidade de Bos Aires. Participa en tódalas cerimonias patrias.