Reutilización

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Reutilizar é a acción de volver utilizar os bens ou produtos.

Así, o aceite pode reutilizarse convertido en biodiésel, para ser utilizado por calquera vehículo con motor diésel. Cantos máis obxectos volvamos utilizar menos lixo produciremos e menos recursos teremos que gastar. -Reciclar. Trátase de volver utilizar materiais – como o papel ou o vidro – para fabricar de novo produtos parecidos – folios, botellas, etc.

Reusar refírese ao proceso mediante o cal aprovéitase algún ben que xa foi utilizado pero que aínda pode ser empregado nalgunha actividade secundaria. Por exemplo, o papel unha vez utilizado por unha cara, pode ser empregado polo outro lado para borradores.

Exemplo[editar | editar a fonte]

o modo de reutilizar é as cousas que se reutilizan como unha bolsa un envase etc... de alimentos: abono orgánico, terra para plantas, lumbricultura e alimentación de porcos e outros animais.

  • Con plásticos: as botellas pódense lavar para reenchido, e os vasos descartables poden utilizarse de macetines.
  • Con botellas e bollones de vidro: reutilización logo de lavados ou novas botellas e outros produtos de vidro mediante o reciclaxe.
  • Con envases tetra brick: recuperación do papel ou pranchas de aglomerado para confección de distintos mobles.
  • Con escombros: reencho de terreos, de camiños, e en xeral recheos de construción.
  • Con madeiras: diversos mobles, láminas, xoguetes ou fonte de enerxía Con caixóns de madeira: xoguetes e xogos.
  • Con restos de poda e de xardinería: abono ou fonte de enerxía.
  • Con mobles e electrodomésticos rotos: reparación ou recuperación de materiais.
  • Con latas de aceiro: pódense reutilizar como macetas para plantas, ou fundir.
  • Con tanques e bidóns plásticos e de aceiro: xogos para parques, depósito para clasificación diferenciada de desfeitos ou recipientes de lixo.
  • Con trapos e restos de roupa vella: poderiamos facer uso das teas para limpar, tapar, etc.
  • Con ósos de animais: fertilizante e alimento para animais.
  • Con pneumáticos gastados: xogos de parques, valas de seguridade e reencho de estradas.
  • Coas botellas pet.: reciclaremos para facer outras cousas.
  • co ferro vello ou outros obxectos vellos: para ocupar ese material de novo ou se arranxe.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Reutilización Modificar a ligazón no Wikidata

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]