Return to Bolivia
Return to Bolivia | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Return to Bolivia |
Director | Mariano Raffo |
Produtor | Marina Boolls Felicitas Raffo |
Guión | Mariano Raffo |
Intérpretes | Janeth Cuiza Brian Quispe Cuiza Camila Quispe Cuiza Jhoselyn Quispe Cuiza David Quispe |
Música | Zelmar Garín |
Fotografía | Mariano Raffo |
Montaxe | Marina Boolls |
Distribuidora | Pelela cine-CEPA |
Estrea | Tucumán Cine: outubro de 2008 |
Duración | 96 minutos |
Orixe | Arxentina |
Xénero | Drama |
Na rede | |
http://returntobolivia.blogspot.com/ | |
Return to Bolivia é un filme arxentino de 2008 dirixido por Mariano Raffo,[1] cuxo guión foi escrito por Raffo en colaboración con Marina Boolls. O filme segue a unha parella de bolivianos cos seus tres fillos cara á fronteira entre La Quiaca (Jujuy) e Villazón (Potosí), para logo ir a un casarío no altiplano entre Oruro e A Paz.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Conta a viaxe de volta ó seu país dunha familia boliviana que vive en Liniers, Buenos Aires, atendendo unha froitaría. Co obxectivo de conseguir empregados para o seu negocio viaxan a Bolivia logo de oito anos de ausencia. Durante a viaxe encóntranse cos seus familiares, cos seus amigos e as súas tradicións abandonadas. Está contada como un filme de estilo "road movie", onde a historia se desenvolve no contexto da viaxe.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Janeth Cuiza como Janeth
- Brian Quispe Cuiza como Brian
- Camila Quispe Cuiza como Camila
- Jhoselyn Quispe Cuiza como Jhoselyn
- David Quispe como David
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Return to Bolivia na IMDb (en inglés).