Retortamónada
Retortamónadas | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Retortamonas (Retortamonadida), á esquerda; Hexamita, no centro, e Giardia, á dereita (ambas Diplomonadida) | |||||||||
Clasificación científica | |||||||||
| |||||||||
Xéneros | |||||||||
As retortamónadas son un pequeno grupo de flaxelados, que normalmente se atopan nos intestinos de animais como comensais, aínda que existe tamén unha especie de vida libre chamada Chilomastix cuspidata. Estaban agrupados dentro do taxon Archezoa (que actualmente xa non se usa).[1] Miden normalmente uns 5-20 μm de longo, e todas as súas secuencias dos xenes dos ARNr das subunidades ribosómicas menores son moi similares entre si. Existen dous xéneros: Retortamonas, con dous flaxelos, e Chilomastix, con catro. En ambos os casos teñen catro corpos basais, en posición anterior a un prominente suco de alimentación, e un flaxelo está dirixido cara atrás a traves da célula, xurdindo do suco.
As retortamónadas carecen de mitocondrias, aparato de Golgi e peroxisomas. Son parentes próximos das diplomónadas,[2] e están situadas dentro das metamónadas xunto con elas. Xeralmente se lles asigna a orde Retortamonadida. Debido ás abundantes semellanzas filoxenéticas entre estes dous tipos de flaxelados, dado que as diplomónadas non carecen ancestralmente de mitocondrias, isto suxire que as retortamónadas son tamén amitocondriadas secundariamente.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Silberman, Jeffrey; Simpson, Alastair; Kula, Jaroslav (31 de xaneiro de 2002). "Retortamonad Flagellates are Closely Related to Diplomonads— Implications for the History of Mitochondrial Function in Eukaryote Evolution". Molecular Biology and Evolution 19 (5): 777–786. PMID 11961110. doi:10.1093/oxfordjournals.molbev.a004135.
- ↑ Simpson AG, Roger AJ, Silberman JD, et al. (outubro de 2002). "Evolutionary history of "early-diverging" eukaryotes: the excavate taxon Carpediemonas is a close relative of Giardia". Mol. Biol. Evol. 19 (10): 1782–91. PMID 12270904. doi:10.1093/oxfordjournals.molbev.a004000.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]Silberman, Jeffrey; Simpson, Alastair; Kulda, Jaroslav (maio de 2002). "Retortamonad Flagellates are Closely Related to Diplomonads— Implications for the History of Mitochondrial Function in Eukaryote Evolution". Molecular Biology and Evolution 19 (5): 777–786. PMID 11961110. doi:10.1093/oxfordjournals.molbev.a004135.