Resistencia fiscal
A resistencia fiscal é a negativa a pagar impostos motivada pola oposición ao goberno que está impondo o imposto ou pola política do goberno ou como oposición ao concepto de tributación en si. A resistencia fiscal é unha forma de acción directa e en caso de violación das normas fiscais, unha forma de desobediencia civil. Os exemplos de campañas de resistencia fiscail inclúen aquelas como a marcha do sal liderada por Mahatma Gandhi, e aquelas que promoven o sufraxio feminino, como as da Women's Tax Resistance League.[1]
A resistencia fiscal á guerra é a negativa a pagar algúns ou todos os impostos que pagan para a guerra sendo unha forma de resistencia non violenta. A resistencia fiscal á guerra pode ser practicada por obxectores de conciencia, pacifistas, ou por aqueles que protestan contra unha guerra en particular. Por exemplo, os resistentes á guerra poden optar por evitar os impostos ao aceptar unha vida simple por baixo do limiar do imposto sobre a renda.[2]
Historia
[editar | editar a fonte]As formas máis antigas e máis difundidas de tributación foron a corvea e o décimo. A corvea era imposta polo Estado como traballo forzado a campesiños moi pobres para pagar outras formas de tributación.[3]
Xa que a tributación é moitas veces entendida como opresiva, os gobernos loitaron sempre co incumprimento fiscal e a resistencia.[3] De feito, considerouse que a resistencia fiscal pode ter desempeñado un papel significativo na caída de varios imperios, incluíndo o exipcio, o romano, o español e o azteca.[4]
Os relatos de rexeitamento de impostos colectivo inclúen os celotes que se resistían ao imposto de votación romana durante o século 1 dC, culminando coa primeira guerra xudaico-romana.[5] Outros eventos históricos que se orixinaran como revoltas fiscais inclúen a Carta Magna, a Revolución Americana e a Revolución Francesa.[3]
Os resistentes fiscais moitas veces destacan a relación entre o imposto sobre a renda e a guerra.[6] Na Gran Bretaña o imposto sobre a renda foi introducido en 1799 para pagar as armas e os equipamentos que se estaban preparando para a guerras napoleónicas, mentres o goberno federal dos Estados Unidos impuxo o seu primeiro imposto sobre a renda na Revenue Act de 1861 para axudar a pagar a Guerra Civil Americana.
Ideais e obxectivos
[editar | editar a fonte]Os resistentes fiscais veñen dunha ampla gama de diversas ideoloxías e obxectivos. Henry David Thoreau e William Lloyd Garrison inspiráronse na Revolución Americana e no pacifismo teimoso dos cuáqueros.[7] Algúns resistentes fiscais rexeitan pagar impostos, porque a súa consciencia non lles permite financiar a guerra, mentres outros resisten aos impostos como parte dunha campaña para derrubar o goberno.[7]
Os resistentes fiscais varían moito, existiron revolucionarios violentos como John Adams; pacifistas como John Woolman; comunistas como Karl Marx; capitalistas como Vivien Kellems; activistas solitarios antiguerra como Ammon Hennacy ou líderes de movementos de independencia como Mahatma Gandhi.[7]
Métodos
[editar | editar a fonte]Como un exemplo dos moitos métodos de resistencia fiscal, a continuación están algunhas das técnicas legais e ilegais usadas por opositores fiscais á guerra:[8]
- Legal
- reducir os seus pagamentos de impostos por medio de técnicas legais de evasión fiscal.
- Pagar so protesta
- Algúns contribuíntes pagan os seus impostos, mais inclúen cartas de protesta, xuntamente con seus formulários de imposto.
- Ilegal
- reducir o imposto pagado a través evasión fiscal ilegal. Por exemplo, unha maneira de fuxir do imposto da renda é só traballar sen ser rexistrado, contornando o imposto retido na fonte.[9]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Michael J. Nojeim (2004). Gandhi and King: The power of nonviolent resistance. p. 142.
- ↑ "What is War Tax Resistance?". NWTRCC.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 David F. Burg (2004). A World History of Tax Rebellions. pp. vi–viii.
- ↑ Erich Kirchler (2007). (Erard, 1997)., ed. The Economic Psychology of Tax Behaviour. p. 182. Arquivado dende o orixinal o 17 de xuño de 2016. Consultado o 10 de xullo de 2019.
- ↑ David M. Gross, ed. (2008). We Won’t Pay: A Tax Resistance Reader. pp. 1–7.
- ↑ "History of war tax resistance". The Peace Tax Seven.
- ↑ 7,0 7,1 7,2 David M. Gross, ed. (2008). We Won’t Pay: A Tax Resistance Reader. p. Back cover.
- ↑ "How to Refuse to Pay for War".
- ↑ "The Picket Line — 16 February 2006". Sniggle.net. 2006-02-16. Consultado o 2010-09-01.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Consciencia Canadá
- Death and Taxes - filme sobre a resistencia fiscal e as súas motivacións
- History of War Tax Resistance por Peace Tax Seven (U.S./UK focus)
- Resistance to Civil Government por Henry David Thoreau
- The Tax Resistance League — tax resistance in the women's suffrage movement
- The Theory, Practice & Influence of Thoreau's Civil Disobedience escrito por Lawrence Rosenwald.