Reserva da biosfera Terras do Miño
Aparencia
| Tipo | reserva da biosfera | |||
|---|---|---|---|---|
| Epónimo | río Miño | |||
| Localización | ||||
| División administrativa | provincia de Lugo, España | |||
| ||||
| Características | ||||
| Superficie | 363.668,9 ha | |||
| Reserva da biosfera | ||||
| Identificador | Entrada: unesco.org… | |||
| Historia | ||||
| Data de creación ou fundación | 2002 | |||
A reserva da biosfera Terras do Miño foi declarada reserva da biosfera en 2002 pola UNESCO. É a segunda máis grande da Península Ibérica e a máis grande de Galicia, ocupando o 39 % da provincia de Lugo,[1] cunha superficie de 363.668,9 ha.[2] Abarca 26 municipios da conca alta do río Miño, pertencentes, á súa vez, a sete comarcas: Ourol (A Mariña Occidental), Alfoz do Castrodouro, O Valadouro e Mondoñedo (Mariña Central), Abadín, A Pastoriza, Begonte, Castro de Rei, Cospeito, Guitiriz, Muras, Vilalba e Xermade (Terra Chá), Meira, Pol e Riotorto (Meira), Castroverde, Friol, Guntín, Lugo, O Corgo, Outeiro de Rei e Rábade (Lugo), Baralla (Os Ancares), Láncara e O Páramo (Sarria).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Reserva de la biosfera de la UNESCO Terras do Miño. www.riasaltas.info.
- ↑ As Terras do Miño. Patrimonionatural.xunta.gal.
