Requeixo de Seabra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Requejo de Sanabria»)

Coordenadas: 42°01′50″N 6°44′33″O / 42.030555555556, -6.7425

Requeixo de Seabra
Requeixo de Seabra desde a estación de ferrocarril.jpg
Vista desde a estación de ferrocarril
Localización
PaísEspaña España
BisbarraSeabra
ProvinciaZamora
Comunidade AutónomaCastela e León Castela e León
Xeografía
Altitude998 msnm
Superficie46 km² km²
Demografía
Poboación181 hab. (INE 2012)
Densidade3,92 hab./km²
Xentiliciorequeixelo/a
Outros datos
Código postal49394
AlcaldeSantiago Cerviño Silván (PP)

Requeixo de Seabra (Requejo de Sanabria en castelán e oficialmente e Requeixu en leonés) é un concello e localidade española da provincia de Zamora na comunidade autónoma de Castela e León.[1] O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «requeixelo»[2].

Encóntrase situado na bisbarra de Seabra, ao noroeste da provincia. Destaca polo seu patrimonio monumental, paisaxístico e ambiental, en especial polo seu bosque de enormes teixos denominado Bosque do Teixedelo, situado nas proximidades da vila e que milagrosamente se salvou dos innumerables incendios que asolan esta comarca.[3]

Requeixo de Seabra foi un concello asturfalante[4] na metade norte e galegofalante na metade sur[2], mais hoxe en día a única lingua que se fala é o castelán. A metade sur non deixou de falar o galego, senón que ficou despoboada.[2]

Demografía[editar | editar a fonte]

Evolución da poboación de: Requeixo de Seabra desde 1991 ata 2004
1991 1996 2001 2004
264 230 188 164

Flora e fauna[editar | editar a fonte]

Ten grandes masas forestais de carballos e de xestas, destacando o Teixedelo, bosque con teixos e castiñeiros de máis de mil anos de idade. Esta declarado Lugar de importancia Comunitaria (LIC) dentro da Rede Natura 2000[5]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Requejo na páxina web da Deputación de Zamora". Arquivado dende o orixinal o 11 de xullo de 2013. Consultado o 13 de agosto de 2013. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Costas González, X.-H. (2016). Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega (PDF). Universidade de Vigo. p. 38. ISBN 978-84-8158-706-7. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de novembro de 2018. Consultado o 03 de novembro de 2018. 
  3. "Requejo na páxina web Del norte de Castilla". Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2013. Consultado o 13 de agosto de 2013. 
  4. A. C. Z. FURMIENTU (13 DE MARZO DE 2016). "TALLER DAS FALAS DE SENABRIA" (PDF). www.furmientu.org. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 17 de febreiro de 2018. Consultado o 2018. 
  5. "laopiniondezamora.es". Arquivado dende o orixinal o 06 de abril de 2010. Consultado o 13 de agosto de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]