Repositorio institucional

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Repositorios institucionais»)

Un repositorio institucional[1][2], tamén denominado depósito institucional[Cómpre referencia] ou arquivo aberto[Cómpre referencia], almacena e preserva a produción intelectual dunha comunidade investigadora. Pode conter distintos tipos de recursos informativos, coma teses, preprints, postprints, informes, materiais de ensinanza etc. en acceso libre. De acordo coa Declaración de Berlín[3] os repositorios deberán ser acumulativos e perpetuos.

Teñen a súa orixe no denominado roteiro verde da ciencia, xurdido despois da Declaración de Budapest (14 de febreiro de 2002). Nela o comité directivo da BOAI (Budapest Open Access Initiative) fai novas recomendacións en apoio á práctica do acceso aberto na ciencia.

Estes repositorios institucionais son un servizo ofertado polas universidades e organismos adicados á investigación e poden constituír coleccións dixitais sempre e cando dispoñan de:

  • unha colección organizada de obxectos dixitais, na que se poidan realizar procuras de diversa tipoloxía
  • cun software compatible co protocolo OAI-PMH para a facilitar a súa interoperabilidade
  • descrita con metadatos (Dublin Core, etc.) que permitan a súa óptima procura en Internet e o enlazado entre obxectos dixitais
  • conta con identificadores persistentes (DOI, handle, URI, etc.)


Os exemplos de repositorios institucionais son moi abundantes, como RepositoriUM da Universidade do Minho[4], ou Digital Academic Repositories (DARE), da Universidade de Ámsterdam.[5]

En Galicia cómpre sinalar os repositorios Investigo, da Universidade de Vigo[6][7]; o RUC, da Universidade da Coruña[8] e o repositorio Minerva, da Universidade de Santiago de Compostela[9] ou mesmo o RUNA, do SERGAS.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Servizo de Normalización Lingüística Universidade de Compostela (2017). Glosario básico de acceso aberto (galego – inglés). Universidade de Santiago de Compostela. 
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para repositorio.
  3. "Declaración   de   Berlín   sobre   Acceso   Abierto   al   Conocimiento   en   Ciencias   y  Humanidades". Universidade de Murcia. Arquivado dende o orixinal |url= incorrecto (Axuda) o 25 de xullo de 2013. Consultado o 20 de marzo de 2019. 
  4. Repositorium.
  5. DARE (en inglés). Consultado o 20 de marzo de 2019
  6. "Investigo". www.investigo.biblioteca.uvigo.es. Consultado o 20 de marzo de 2019. 
  7. "Política acceso aberto". www.investigo.biblioteca.uvigo.es. Consultado o 20 de marzo de 2019. 
  8. "RUC". Repositorio Universidade da Coruña. Consultado o 20 de marzo de 2019. 
  9. "Minerva, Repositorio institucional da USC". Red de Bibliotecas Universitarias Españolas (REBIUN). Consultado o 20 de marzo de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.