República Socialista Soviética de Bielorrusia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Беларуская Савецкая
Сацыялістычная Рэспубліка
Flag of Byelorussian SSR.svg COA Belorussian SSR.png
Lema: Пралетарыі ўсіх краін, яднайцеся!

("Traballadores do mundo, unídevos!")

SovietUnionBelarus.png
Idioma Bielorruso e Ruso. O Ruso favorecido pola lexislación.
Capital Minsk
Cidade máis grande Minsk
Presidente no momento da independencia Stanislav Shushkevich
Tempo na URSS Dende o 1 de xaneiro de 1919 até o 25 de agosto de 1991.
Área Total 207,600 km²
Poboación (est. 1989) 10,151,806
Independencia da Unión Soviética
25 de agosto de 1991
Moeda Rublo
Hora UTC +3
Himno nacional Himno da RSS de Bielorrusia.

A República Socialista Soviética de Bielorrusia (Беларуская Савецкая Сацыялістычная Рэспубліка) foi un dos membros fundadores da Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas en 1922, xunto á RSS de Ucraína, a RSSF Transcaucásica e a RSSF de Rusia. Tamén foi coñecida co nome de Rusia Branca.

A capital da República era Minsk. A RSS de Bielorrusia foi creada o 1 de xaneiro de 1919.

Historia[editar | editar a fonte]

Parte do Imperio Ruso antes da Primeira Guerra Mundial, Bielorrusia declarou a súa independencia o 25 de marzo de 1918, formando a República Nacional de Bielorrusia. A república tivo, de todas formas, unha curta vida, e o réxime foi derrocado trala retirada alemá. En 1919 Bielorrusia converteuse na República Socialista Soviética de Bielorrusia, e "ingresou" na República Socialista Soviética de Bielorrusia e Lituania. Trala Guerra Polaco-Soviética rematada en 1921, as terras de Bielorrusia foron divididas entre Polonia e a RSS de Bielorrusia, que converteuse nun membro fundador da URSS en 1922. En setembro de 1939, a Unión Soviética anexionouse a Bielorrusia polaca como resultado do Pacto de Molotov-Ribbentrop.

Trala Segunda Guerra Mundial, a RSS de Bielorrusia obtivo voz na Asemblea Xeral da ONU xunto á Unión Soviética e a RSS de Ucraína, converténdose nun dos membros fundadores da ONU.

Tralo Golpe de Estado de Agosto, o Soviet Supremo de Bielorrusia declarou a independencia da URSS o 25 de agosto de 1991. A república cambiou o nome polo de República de Bielorrusia o 19 de setembro de 1991. O 8 de decembro de 1991 foi asinante, xunto a Rusia e Ucraína, dos Acordos de Belavezha, que substituíron á URSS pola Comunidade de Estados Independentes (CEI).