República Popular de Crimea
República Popular de Crimea Qırım Halq Cumhuriyeti | ||||
| ||||
Bandeira | ||||
Himno: Ant etkenmen (Tártaro de Crimea) Eu prometín | ||||
Capital | Bakhchysarai | |||
Lingua | Tártaro de Crimea Ucraíno Ruso | |||
Relixión | Sunnismo | |||
Goberno | República | |||
Lexislatura | Qurultay | |||
Historia | ||||
• Establecido | 1917 | |||
• Disolución | 1918 |
A República Popular de Crimea (en tártaro de Crimea: Qırım Halq Cumhuriyeti) foi unha república que existiu dende decembro de 1917 a xaneiro de 1918 na península de Crimea, localizada no sur da actual Ucraína. Esta república foi o primeiro intento no mundo musulmán de establecer un Estado secular (véxase tamén República Democrática de Acerbaixán). Na súa fundación, a República Popular de Crimea era un dos moitos intentos pasaxeiros de crear novos estados despois de que a Revolución rusa de 1917 causara o derrubamento do Imperio ruso.
Historia[editar | editar a fonte]
A República Popular de Crimea foi declarada por iniciativa do Qurultay dos tártaros de Crimea, que estipulaba a igualdade de todas as etnias dentro da península; a maioría das persoas que vivían na Crimea do tempo eran rusos (compoñendo un 42 % da poboación da Crimea) ou ucraínos (11 %).[1] Porén os tártaros de Crimea foron durante algún tempo a forza política e cultural dominante sobre a península. Noman Çelebicihan foi o primeiro e único presidente da república.
O Qurultay consistía en 76 delegados, catro dos cales eran mulleres (Efika Gasprinskaya, Anife Bdaninskaya, Ilhan Tohtar e Hatice Avcı). Os delegados eran elixidos de cinco condados: Ialta (24), Akmescit (19), Keffe (16), Kezlev (11), e Orkapi (6).
Os bolxeviques estableceron a RSS da Tavria sobre o territorio de Crimea a principios de 1918 antes de que a zona fose invadida polas forzas da República Popular de Ucraína e do Imperio alemán. Algúns funcionarios do goberno nacional como Cafer Seydahmet Kırımer, que conseguira escapar do terror do bolxevismo, buscaban asilo político en Kíiv e facían unha petición de axuda militar do Exército ucraíno.
Goberno[editar | editar a fonte]
- Presidente e ministro de Xustiza - Noman Çelebicihan
- Ministro de Defensa - Cafer Seydahmet Kırımer
- Ministro de Educación - Ahmet Özenbaşlı
- Ministro de Finanzas - Seyitcelil Hattat
- Ministro de Relixión - Ahmet Şükrü
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Magocsi, Paul Robert (2007). Ukraine: An Illustrated History. Seattle: University of Washington Press. p. 238. ISBN 0-295-98723-5.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Rusia |