Saltar ao contido

Remuíño de sombras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Remuíño de sombras
 Instancia de
Características
 Forma artística
 Lingua
Implicados
 Autor/a
Datas
 Data de publicación
1973 Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Wikidata

Remuíño de sombras é unha novela de Xosé Neira Vilas, publicada en 1973[1] na Colección Pombal de Edicións Castrelos, cun prólogo de Basilio Losada ("Presentación innecesaria de Neira Vilas"). En 1991 foi reeditado pola Editorial Galaxia.

A acción discorre en Buenos Aires en 1960, no 150 aniversario da independencia da Arxentina. O libro ten unha estrutura fragmentaria, con múltiples personaxes, pero hai unha serie de fíos recorrentes: un rapaz que lle escribe cartas á familia contándolle a súa experiencia, un amigo que lle fala a outro da vida na rúa, pois está eivado e non pode saír, Dorinda, que traballa como criada cunha familia galega con cartos.

Faise referencia ao Centro Gallego de Buenos Aires é á Federación de Centros Galegos.

Narración

[editar | editar a fonte]

O título fai referencia á vida caótica das persoas na capital Arxentina. O remuíño (imaxe constante na obra do autor) é a aglomeración humana, que aparece como un enxame. É unha novela polifónica, que alterna a primeira persoa a segunda persoa e o narrador omnisciente. Inclúe tamén o xénero epistolar. Esta multiplicidade forma parte dun proceso de aprendizaxe como autor, buscando en cada caso a fórmula narrativa máis axeitada para cada caso.

O autor emigrou a Buenos Aires en 1949 para evitar o servizo militar. Alí entrou en contacto cos movementos sociais e culturais e coa comunidade galega. A relación entre Galicia e Buenos Aires é un dos eixos temáticos na literatura de Neira Vilas, xunto coa relación entre a infancia e o mundo dos adultos. Outras obras sobre o mundo da emigración desde o punto de vista adulto son Camiño bretemoso (1967) e Historias de emigrantes (1968).

Traducións

[editar | editar a fonte]
  • Ao castelán por Nora Longhini Moreira co título de Remolino de sombras publicado en 1999[2].
  1. "Bibliografía na páxina da Fundación Xosé Neira Vilas". Arquivado dende o orixinal o 23 de marzo de 2017. Consultado o 16 de decembro de 2017.
  2. Ficha Arquivado 25 de marzo de 2018 en Wayback Machine. en BiTraGa.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
  • Ficha na páxina web de Editorial Galaxia.