Remo feminino

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O remo feminino en España estaba prohibido para as mulleres na época franquista, pero a mediados do século XX comezaron ós poucos a facer unha incursión no remo. En Galicia, comezaron a competir nos clubs sociais nos anos 1960. En 1976, a competición feminina de remo converteuse en deporte olímpico.

Na actualidade o número de competicións de homes e de mulleres é moi similar. O Centro Galego de Tecnificación Deportiva é un lugar de adestramento específico que inclúe a modalidade de remo; a competición onde participan as deportistas galegas é a Liga ACT feminina. As agrupacións mixtas non existen a nivel competitivo en España, pois a Federación optou pola segregación, como quedou demostrado no caso de Victoria Piñeiro, unha piragüista canguesa que comezou a exercer de temoeira para os regatistas da embarcación cántabra de Astillero e recibiu a negativa para competir a nivel oficial[1][2].

Entre as regatas con sección dedicada a embarcacións de mulleres están a Bandeira da Concha. Algunhas das asociacións galegas que participaron algunha vez con agrupacións femininas son: Sociedade Deportiva Samertolameu, Club de Remo Vila de Cangas, Asociación Deportiva Esteirana, Club Regatas Perillo e Club do Mar Mugardos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Una canguesa se queda fuera del Campeonato de España por ser mujer". Faro de Vigo (en castelán). 28 de maio de 2008. Consultado o 19 de febreiro de 2013. 
  2. "´En otros países este problema está superado´". La Opinión (en castelán). 28 de maio de 2008. Consultado o 19 de febreiro de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]