Remigio Caula

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Remigio Armando Caula Abad»)
Remigio Caula
Nacemento18 de novembro de 1828
Lugar de nacementoSantiago de Compostela
Falecemento30 de agosto de 1895
Lugar de falecementoSantiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela e Universidade Complutense de Madrid
Ocupaciónavogado, catedrático, escritor e poeta
editar datos en Wikidata ]

Remigio Armando Caula Abad, nado en Santiago de Compostela o 18 de novembro de 1828 e finado na mesma cidade o 30 de agosto de 1895,[1] foi un poeta, escritor, dramaturgo e profesor galego.[2][3][4][5]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Remigio Caula, Jesús Caamano, Gustavo de Matos Sequeira, Javier Vaamonde, José Fondo, Alejo Carrera

Licenciado en dereito, exerceu como avogado. Amante das letras, dedicouse á poesía, e en especial á arte dramática. Aínda mozo escribiu un drama, titulado Aniversario, que se estreou no Liceo de Santiago en 1847. Hai documentos nos que consta como propietario dunha fábrica de candeas dende 1841.[6]

Marchou a Madrid e presentou no Instituto de Teatro un novo drama, que estreou en 1851. Escribiu en periódicos de Madrid e publicou varios dramas. Foi catedrático da Universidade de Santiago de Compostela.[7][8][9]

Fixo traducións, destacando a de La Novia de Abidos de Lord Byron, para El Museo Universal en 1869.[10][11][12] Colaborou nos periódicos La Moda Elegante Ilustrada, Galicia Humorística,[13] La Opinión Pública, El País, Semanario Popular, El Porvenir e escribiu no Almanaque de Galicia.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Aniversario.
  • Triste Ejemplo.
  • Cantares Españoles.
  • Luchas de amor y deber.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Necrolóxica en Gaceta de Galicia, 30-8-1895, p. 3.
  2. "GICES.XIX (Grupo de investigación del cuento español del siglo XIX) » BUSCADOR (Informe de Autor)". gicesxix.uab.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2018. Consultado o 2018-03-15. 
  3. Vilanova Rodríguez, Alberto (2002). Los días históricos de Galicia (en castelán). Ediciós do Castro. ISBN 9788484850687. 
  4. Murguía, Manuel (1862). Diccionario de escritores gallegos (en castelán). J. Compañel. 
  5. García Gutiérrez, Antonio (1866). Obras escogidas de don Antonio García Gutierrez (en castelán). M. Rivadeneyra. 
  6. Fernández Carmaño, José María. La Coruña Vista Desde sus Libros de Actas (en castelán). Visión Libros. ISBN 9788498210880. 
  7. Pasivas, Spain Dirección General de la Deuda y Clases; Cadenas y Vicent, Vicente de (1979). Archivo de la Deuda y Clases Pasivas: índice de jubilados, 1869-1911 (en castelán). Ediciones Hidalguia. ISBN 9788400044824. 
  8. York, Collegiate Reformed Protestant Dutch Church of the City of New; Quincy, Josiah; DeWitt, Thomas; Calderón de la Barca, Pedro (1874). Memoria de la Universidad Central al 2do centenario de don Pedro Calderón de la Barca: Se incluyen las composiciones en verso castellano premiadas en el certamen (en inglés). Tip. de G. Estrada. 
  9. Sanchez, José M. Fernández; Freire Barreiro, Francisco (1885). Guía de Santiago y sus alrededores (en castelán). Maxtor. ISBN 9788495636270. 
  10. Romero Tobar, Leonardo (2013). Temas literarios hispánicos: 1 (en castelán). Universidad de Zaragoza. ISBN 9788415770336. 
  11. Barreiro Fernández, Xosé Ramón (2003). Historia de la Universidad de Santiago de Compostela (en castelán). Univ Santiago de Compostela. ISBN 9788497502696. 
  12. Varela Jácome, Benito (1951). Historia de la literatura gallega (en castelán). Porto. 
  13. deputacion@depontevedra.es. "depontevedra.es - Hemeroteca". www.depontevedra.es. Consultado o 2018-03-16.