Relixión hitita

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A relixión hitita era a relixión dos hititas.

Tiña numerosos deuses ademais dos que importaba doutras culturas, (influencia salientábel tiveron os hurritas) . O deus máis importante era o do trono e a chuvia. O rei era o sacerdote supremo, e encargábase dos asuntos relixiosos principais.

As taboíñas de Hattusa deron bastante información sobre a relixión hitita e os seus deuses, os principais dos cales serían Taru (das tormentas), Silinkatti ou Wurunkatti (da guerra), a deusa Wurusemu (tutelar da cidade de Arinna), Elkunirsa e Aserdus, entre as consideradas hatti, e Teshub, Hebat, Kumarbi e Sausga entre as de orixe hurrita. Os principais centros de culto serían Samuha, Arinna e Uda, pero houbo moitos máis. Descubriuse un santuario rupestre en Yazilikaya e hai outros.

Facíanse ofrendas aos deuses e sacrificábanse animais. Nas estacións facíanse festivais relixiosos.