Relatos salvajes
| Relatos salvajes | |||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
| Wikidata | |||||||||||||||||||||
Relatos salvajes é un filme hispano-arxentino dirixido e escrito por Damián Szifron que se estreou no 2014. É unha antoloxía de seis curtas de comedia negra e drama que conta cun elenco coral integrado por Ricardo Darín, Oscar Martínez, Leonardo Sbaraglia, Érica Rivas, Rita Cortese, Julieta Zylberberg e Darío Grandinetti. Foi producido por Hugo Sigman a través da produtora Kramer & Sigman Films e coproducida por Agustín Almodóvar e Pedro Almodóvar. Foi seleccionada para a Palma de Ouro na sección principal de competición do Festival de Cannes de 2014, na que foi amplamente aclamada.[1][2]
Sinopse
[editar | editar a fonte]O filme consta de seis episodios que alternan a intriga, a comedia e a violencia. O seus personaxes veranse empurrados cara ao pracer de perder o control, cruzando a delgada liña que separa a civilización da barbarie.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Ricardo Darín como Simón Fisher (episodio Bombita)
- Óscar Martínez como Mauricio Pereyra Hamilton (episodio La propuesta)
- Leonardo Sbaraglia como Diego Iturralde (episodio El más fuerte)
- Érica Rivas como Romina (episodio Hasta que la muerte nos separe)
- Rita Cortese como Cook (episodio Las ratas)
- Julieta Zylberberg como Camareira (episodio Las ratas)
- Darío Grandinetti como Salgado (episodio Pasternak)
- María Onetto como Helena Pereyra Hamilton (episodio La propuesta)
- Nancy Dupláa como Victoria Malamud (episodio Bombita)
- Osmar Núñez como Avogado (episodio La propuesta)
- César Bordón como Cuenca (episodio Las ratas)
- Diego Gentile como Ariel (episodio Hasta que la muerte nos separe)
- María Marull como Isabel (episodio Pasternak)
- Germán de Silva como Caseiro (episodio La propuesta)
- Diego Velázquez como Fiscal (episodio La propuesta)
- Walter Donado como Mario (episodio El más fuerte)
- Mónica Villa como Profesora Leguizamón (episodio Pasternak)
Galardóns e nomeamentos
[editar | editar a fonte]- 2014: Festival de Cannes: Sección oficial longametraxes a concurso.
- 2014: Festival de San Sebastián: Premio do Público (mellor filme europeo).
- 2014: Festival de Cine de Saraxevo: Premio do Público.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "2014 Official Selection". Cannes. Consultado o 18 de abril de 2014.
- ↑ Scholz, Pablo O. (18 de maio de 2014). "Diez minutos de aplausos para una película argentina en Cannes". Diario Clarín (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 14 de outubro de 2014. Consultado o 10 de agosto de 2014.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Relatos salvajes na IMDb (en inglés).
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)