Reino de Serbia (1718-1739)

From Wikipedia
Jump to navigation Jump to search
Краљевина Србија
Königreich Serbien

Reino de Serbia
Ottoman flag.svg
1718 — 1739 Ottoman flag.svg

Non hai imaxe

Capital Belgrado
Relixión ortodoxa, islámica
Goberno Non especificado
Historia
 • Establecido
 • Disolución 1739
Límites do Reino de Serbia baixo a administración dos Habsburgo.

O Reino de Serbia (1718-1739) foi unha provincia da monarquía dos Habsburgo desde 1718 até 1739. Estaba formada polos territorios situados ao sur dos ríos Sava e Danubio, conquistados polos Habsburgo ao Imperio otomán en 1718, pero que foron devoltos á administración otomá en 1739.

Historia[edit | edit source]

En 1718, a monarquía dos Habsburgo conquistou ao Imperio otomán algunhas partes da actual Serbia, incluíndo o Banato, Sirmia sudoriental e o norte da Serbia Central.

En parte deste territorio, ao sur dos ríos Sava e Danubio, o emperador Carlos VI formou unha provincia denominada Reino de Serbia. Carlos VI utilizou o título de rey de Serbia, mentres que o administrador da provincia era un gobernador.

Algúns dos territorios que forman parte da actual Serbia oriental, e que tamén foron conquistados polos Habsburgo en 1718, non se incluíron neste reino, senón que pasaron a ser parte do Banato de Timişoara.

Despois dunha nova guerra entre os Habsburgo e os otománs, en 1739, a monarquía Habsburgo perdeu todos os territorios ao sur dos ríos Sava e Danubio, incluíndo todo o territorio do Reino de Serbia. O Banato e Sirmia, no norte da actual Serbia, quedaron en poder dos Habsburgo até 1918.

O territorio da actual Serbia Central foi incluído no Imperio dos Habsburgo noutras dúas ocasións:

Administradores[edit | edit source]

  • Xeneral Odijer, administrador temporal (1718-1720)
  • Alexandre de Württemberg, gobernador (1720-1733)

Consecuencias[edit | edit source]

Aínda que a administración dos Habsburgo sobre esta parte da actual Serbia foi de curta duración, a conciencia dunha entidade política independente perdurou, e así os habitantes da zona nunca volveron a aceptar a administración otomá, o que conduciu á Rebelión da Kočina Krajina, en 1788, e á primeira revolta serbia, de 1804 a 1813, coa que terminou o dominio directo dos otománs sobre esta parte de Serbia.

Algunhas partes da Serbia actual ao sur dos ríos Sava e Danubio aínda foron temporalmente controladas pola monarquía dos Habsburgo entre 1789 e 1791, despois da rebelión da Kočina Krajina.

Véxase tamén[edit | edit source]

Bibliografía[edit | edit source]

  • Istorijski atlas, Zavod za udžbenike i nastavna sredstva - Zavod za kartografiju "Geokarta", Beograd, 1999.
  • Školski istorijski atlas, Zavod za izdavanje udžbenika Socijalističke Republike Srbije, Beograd, 1970.
  • Denis Šehić - Demir Šehić, Istorijski atlas Sveta, Beograd, 2007.
  • The Times History of Europe, Times Books, London, 2002.
  • Olga Zirojević, Srbija pod turskom vlašću 1459-1804, Beograd, 2007.
  • Vladimir Ćorović, Ilustrovana istorija Srba, knjiga četvrta, Beograd, 2006.

Outros artigos[edit | edit source]

Ligazóns externas[edit | edit source]