Reino de Man e das Illas
Reino de Mann e das Illas Rìoghachd Mann agus na h-Eileanan Ríocht Mann agus na hOileán Suðreyjar ok Norðreyjar | ||||
| ||||
O Reino nas illas da Gran-Bretaña | ||||
Continente | Europa | |||
Capital | Castletown, Illa de Man | |||
Lingua oficial | Nórdico Manx Gaélico escocés Gaélico irlandés | |||
Relixión | Cristianismo | |||
Goberno | Monarquía | |||
Rei | ||||
• 1079–1095 | Godredo IV Crovan | |||
• 1252–1265 | Magno III de Man[1] | |||
Período histórico | Idade Media | |||
• 1079 de 1079 | Batalla de Skyhill | |||
• 1266 de 1266 | Tratado de Perth |
O Reino de Mann e as Illas (en gaélico escocés: Rìoghachd Mann agus na h-Eileanan ) foi un reino nórdico que existiu nas Illas Británicas entre 1079 e 1266. O reino tiña dúas partes, Sodor (Suðr-eyjar), ou Illas do Sur, e Norðr (Norðr-eyjar), ou Illas do Norte (Orcadas e Shetland). En 1164, o reino dividiuse en dous: Reino das Hébridas e Reino de Mann.
Historia[editar | editar a fonte]
Formación[editar | editar a fonte]
O reino foi formado por Godredo Crovan cando conquistou a Illa de Man a outros viquingos, probabelmente en 1079. Nos dous primeiros intentos de capturar a Godredo foi derrotado e só no seu terceiro intento saíu vitorioso na Batalla de Skyhill, que tivo lugar preto de Ramsey. Anteriormente, a illa fora capturada entre o 700 e o 900, durante unha invasión das illas británicas polos viquingos. Até a chegada de Godred, as illas foron administradas polos reinos nórdicos de Dublín e Orkney.
Extensión[editar | editar a fonte]
O reino cubría as illas setentrionais do mar de Irlanda e as illas enteiras da costa oeste de Escocia. En concreto eran a Illa de Man e as súas illas circundantes, as Illas de Clyde, as Hébridas Interiores e as Hébridas Exteriores.
Despois da división:
- O último reino de Mann centrouse arredor das Illas de Man e tamén contiña as Hébridas Interiores e Exteriores. formando o Reino das Hébridas.
- O condado de Orkney foi a última extensión do Reino de Mann, que incluía partes da Escocia continental como Sutherland, Caithness e Inverness. O reino tivo moita influencia en partes remotas occidentais de Escocia e Irlanda, como Furness, Whithorn, Argyll e Galloway. En certos momentos o Reino caeu baixo o dominio dos reis de Dublín e Jórvik.
Fin do reino[editar | editar a fonte]
Os dous reinos foron reanexionados a Escocia en 1266 co Tratado de Perth. Porén, a illa de Man foi posteriormente tomada por Inglaterra e hoxe é unha rexión administrada de forma autónoma nas dependencias da Coroa británica. As Hébridas e as Illas de Clyde seguen a ser parte de Escocia.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "About: Kingdom of the Isles". dbpedia.org (en inglés e castelán). Consultado o 2022-07-20.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Reino de Man e das Illas ![]() |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- http://www.isle-of-man.com/manxnotebook/parishes/diocese/diocese.htm
- http://www.isle-of-man.com/manxnotebook/fulltext/dh1893/ch02.htm
![]() |
Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |