Reino de Francia Occidental
Aparencia
| Reino de Francia Occidental | |||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||
O Reino de Francia Occidental ou Reino Franco Occidental (orixinalmente en latín, Regnum Francorum Occidentalium ou Francia Occidentalis ) era o reino baixo o control de Carlos II o Calvo (840 - 877) despois do Tratado de Verdun de 843, que dividiu o Imperio Carolinxio dos francos en Oriental, Occidental e Media[1]. É o precursor do Reino de Francia e da Francia moderna.
Dividíase en grandes feudos: Aquitania, Bretaña, Borgoña, Flandres, Gascuña, Gotia (Cataluña e Septimania), a Illa de Francia e o condado de Tolosa. Despois do 987, o reino comezou a chamarse Francia, debido a que a nova dinastía gobernante (a Capeto) era orixinalmente duques da Illa de Francia.

Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Struggle for Empire: Kingship and Conflict Under Louis the German, 817-876 (en inglés). Cornell University Press. 2006. ISBN 080143890X.
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Reino de Francia Occidental |