Reiner Cunz
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 12 de abril de 1958 Marburgo |
| Actividade | |
| Ocupación | historiador, numismático |
| Premios | |
| |
Reiner Cunz, nado en Marburgo o 12 de abril de 1958, é un numismático alemán.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Primeiros anos e formación
[editar | editar a fonte]Reiner Cunz naceu o 12 de abril de 1958 en Marburgo, estado alemán de Hessen.[1]
Logo de cursar o seu ensino secundario no municipio próximo de Kirchhain, en 1977 ingresou na Universidade de Marburgo para levar a cabo estudos de Ciencias Auxiliares da Historia, Xeografía Cultural, Latín, Folclore e Educación, ao tempo que traballaba a tempo parcial na Oficina Estatal de Hessen para Estudos Históricos Rexionais. Gradouse en 1984 e, finalmente, acadou o seu doutoramento en 1994, cunha tese titulada "Numismática entre a historiografía doméstica e o entusiasmo coleccionista principesco, Ilustrado co exemplo da historia do antigo Gabinete Real de Moedas de Hannover e dos seus conservadores de 1745 a 1945".[1]
Traxectoria profesional
[editar | editar a fonte]En 1984 incorporouse ao servizo do Museo Estatal da Baixa Saxonia en Hannover, onde se responsabilizou da área de numismática de Baixa Saxonia, un posto que lle permitiu supervisar e organizar o Gabinete de Moedas de Baixa Saxonia nesa cidade,[1] daquela propiedade do Deutsche Bank —esa institución adquirira a colección para evitar que acabase sendo levada ao estranxeiro—. Finalmente, o Deutsche Bank desvinculouse da colección e esta ficou incorporada ao Museo Estatal de Baixa Saxonia en Hannover, e foi o propio Reiner Cunz quen a presentou, dentro da súa exposición permanente, o 3 de setembro de 2010.[2]
De 1984 a 2019, Cunz foi o representante de Baixa Saxonia na Comisión Numismática dos Estados da República Federal Alemá. Foi membro do consello de dirección da Comisión desde 1999, e ocupou a súa presidencia ata 2011 e a vicepresidencia a partir desa data. En 1994, foi un dos cofundadores do Comité Internacional de Museos de Moeda e Banca (ICOMON), no seo do Consello Internacional de Museos (ICOM). Igualmente, foi elixido vicepresidente do ICOMON en Seúl en 2004 e reelixido para un novo mandato en 2007. Cunz é tamén membro de pleno dereito da sección de Humanidades da Sociedade Científica de Brunswick, así como membro da Comisión Histórica de Baixa Saxonia e Bremen.[1]
As investigacións de Cunz céntranse na historia das moedas e do diñeiro na Idade Media e na época moderna, sinaladamente na integración da numismática nas estruturas da historia xeral e da museoloxía. Entre outras cuestión, Cunz foi o responsable do 17º Día dos Numismáticos Alemáns en Hannover (1995), que se centrou na historia da numismática. Entre outras áreas do seu traballo están diversos fenómenos na historia do diñeiro, como é o caso das as unións monetarias, así como a historia da tecnoloxía e a educación museística.
Cunz exerceu a docencia a tempo parcial da materia de Numismática nas Universidades de Gotinga, Hanover e Viena,[1] ata a súa xubilación en 2019.
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]Publicacións
[editar | editar a fonte]Esta é unha escolma dos principais traballos monográficos publicados por Reiner Cunz ao longo da súa traxectoria:
Autor
[editar | editar a fonte]- (1991). Kleine Münzgeschichte der Stadt Hannover. 1438-1674. Ein Begleitheft zur Ausstellung Münzen, Menschen, Märkte. Ausstellungsführer. Niedersächsisches Münzkabinett der Deutschen Bank, Hannover:.
- (1997). Numismatik zwischen Haushistoriographie und fürstlicher Sammellust, dargestellt am Beispiel der Geschichte des ehemaligen Königlichen Münzkabinetts zu Hannover und seiner Betreuer, 1745-1945. Regenstauf. ISBN 3-924861-16-1
- (1998). Vom Taler zur Mark. Einführung in die Münz- und Geldgeschichte Nordwestdeutschlands von 1500 bis 1900. Niedersächsisches Münzkabinett der Deutschen Bank, Hannover. ISBN 978-3924861186
Editor
[editar | editar a fonte]- (1995). Wissenschaftsgeschichte der Numismatik (con Rainer Albert).Numismatischen Gesellschaft Speyer, Speyer.
- (2000). Concordia Ditat. 50 Jahre Numismatische Kommission der Länder in der Bundesrepublik Deutschland, 1950-2000. Museum fur Hamburguische Geschichte, Hamburgo. ISBN 3-924861-37-4
- (2002). Währungsunionen. Beiträge zur Geschichte überregionaler Münz- und Geldpolitik. Museum fur Hamburguische Geschichte, Hamburgo. ISBN 3-924861-58-7
- (2004). „Geld regiert die Welt“. Numismatik und Geldgeschichte, Grundsatzfragen interdisziplinär ; Beiträge aus Wissenschaftsgeschichte, Kunst- und Kulturgeschichte sowie Wirtschaftsgeschichte. Braunschweig. ISBN 3-934656-14-5
- (2004). Fundamenta Historiae, Geschichte im Spiegel der Numismatik und ihrer Nachbarwissenschaften. Festschrift für Niklot Klüßendorf zum 60. Geburtstag am 10. Februar 2004 (con R. Polley, A. Röpcke). Neustadt. ISBN 3-87707-624-6
- (2007). Money and Identity. Lectures about History, Design, and Museology of Money. ICOM, Hannover. ISBN 978-3-87707-731-3
- (2008). Macht und Geld im Mittelalter, Forschungen zu Norbert Kamps Moneta Regis. Braunschweig. ISBN 978-3-934656-25-3
- (2008). Interdisziplinäre Tagung zur Geschichte der neuzeitlichen Metallgeldproduktion (con U. Dräger e M. Lücke) Braunschweig. Dous volumes: ISBN 978-3-87707-744-3, ISBN 978-3-87707-752-8
- (2014). Selbstwahrnehmung und Fremdwahrnehmung in der Fundmünzenbearbeitung. Bilanz und Perspektiven am Beginn des 21 (con H. Derschka e S. Frey-Kupper). Lausana. ISBN 978-2-940351-18-3
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 3 4 5 "Cunz, Reiner". Niedersächsische Personen (Personen.niedersaechsische-bibliographie.de).
- ↑ "Neubeginn für die Königliche Münzsammlung in Hannover, 1. Teil". Archivalia.hypotheses.org
- ↑ "Eligiuspreis der DNG". Deutsche Numismatische Gesellschaft (dng-nnb.de).
- ↑ "Eligiuspreis 2010". Deutsche Numismatische Gesellschaft (dng-nnb.de).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Dräger, U. (2008). "Reiner Cunz". En Numismatisches Nachrichtenblatt. 2008. Páxinas 184-185.
