Christianorum regnum

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Regnum Christianorum")
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa

A denominación en latín de Christianorum regnum que significa literalmente "reino dos cristiáns", foi a máis común para referirse ao dominio dos reis cristiáns na Galicia altomedieval entre os séculos VIII e X.

Causas[editar | editar a fonte]

Se ben o termo "reino dos cristiáns" semella na actualidade demasiado ambigüo para referirnos a un único reino medieval europeo, o certo é que esta denominación foi acuñada por dous principais motivos. Por unha banda, determinaba o contrapeso contra o veciño estado musulmán, o Emirato de Córdoba, marcando o caracter "cristián" dos novos reis galaicos independentes, e tentando con isto atraer a atención dos mozárabes en Spania. Por outra parte, o feito de que a Galicia altomedieval non estivera unificada baixo un único monarca, precisaba dun elemento aglutinador -a relixión- capaz de convencer aos aristócratas da antiga Gallaecia para que se uniran ao proxecto de restauración monárquica.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]