Regadeira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Robinson Watering Pots.jpg

Unha regadeira é un recipiente de metal, cerámica ou plástico que contén a auga para regar as plantas. Dispón dun colo ou biquela que remata nunha alcachofa a través da que se verte a auga, e, un mango para o seu manexo. A capacidade do recipiente pode oscilar entre os 0,5 litros para plantas de interior, e os 10 para uso xeral en xardinaría. Ao final do colo a regadeiras adoitan ter unha alcachofa ou roseta (pequena tapa perforada por multitude de buratos) para converter o chorro continuo de auga en "ducha" e evitar a excesiva presión sobre a terra ou as plantas delicadas.

En México e en Venezuela, coñécese con esta palabra á ducha.

Historia[editar | editar a fonte]

RegaderaMetalica.jpg

O termo regadeira rexistrouse por primeira vez en 1692. Antes desa data coñecíaselle como "cacharro de regar". En 1885, as regadeiras "Haws" foron patentadas por John Haw, quen substituíu a asa montada na parte superior por unha redonda na parte posterior.