Refuxio Roxelio Pereira Muíños
Aparencia
Coord.: 42°15′N 6°53′O / 42.25, -6.89
| Localización | ||||
|---|---|---|---|---|
| División administrativa | España | |||
| ||||
O refuxio Roxelio Pereira Muíños, tamén coñecido como refuxio da Ponte, é un refuxio de montaña situado na parroquia da Ponte, no concello da Veiga. Situado no val do Xares, nas proximidades de Pena Trevinca, é propiedade da Federación Galega de Montañismo.
Características
[editar | editar a fonte]O refuxio dispón de dúas amplas liteiras con capacidade para 30 persoas, así como luz eléctrica, auga corrente, ducha de auga quente, calefacción, caixa de urxencias, lugar para cociñar e cheminea.
