Saltar ao contido

Refraneiro galego sobre a abella

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ó que se fai mel cómeno as moscas
  • A abella i a ovella en abril deixan a pelexa [1].
  • A abellariza e o coello, no monte vello.
  • A auga enriba de mel sabe mal e fai ben [2].
  • A cera sobexa queima a igrexa [3]
  • A chuvia no mes de agosto, non é chuvia que é mel e mosto [4][5].
  • A ovella e a abella no maio deixan a pelexa.
  • A ovella e a abella polo abril deixan a pelexa.
  • A quen Dios quer ben, caille a sopa no mel.
  • A quen se fai de mel, cómeno as moscas.
  • Abella e ovella, e pedra que trebella.
  • Abellas revoltas, tempestades ás voltas [1].
  • Aceite, no alto; viño, no medio; mel, no baixo.
  • Aceite, o de enriba; viño, o do medio; mel, o do fondo.
  • Ano de abellas, ano de ovellas.
  • Ano de enxames, ano de fames [6].
  • Ano de ovellas, ano de abellas [7][8].
  • A quen con mel trata, algo se lle pega [9].
  • A todos lle gusta o mel, e a min tamén [9].
  • Abella e ovella, e pedra que trebella [1].
  • Abellas revoltas, tempestades ás voltas [1].
  • Ano de enxames, ano de fames [6].
  • As abellas da Madalena, Dios as trai e Dios as leva [10].
  • As moscas no verau comen o mel e comen o gando.
  • Ás solteiras mel, ás casadas fel.
  • Ata despois da vendimia non cáte-la entena.
  • Ata lavar os galleiros non cáte-lo teu abelleiro.
  • Ata pasada a vendimia non digas: “¡Eite a mel miña!”.
  • Auga de agosto, azafrán, mel e mosto.
  • Auga de agosto dá mel e mosto [11].
  • Auga de agosto, mel e mosto [2].
  • Auga en agosto, azafrán, mel e mosto [12].
  • Cando chove en agosto, chove mel e mosto.
  • Cando chove por agosto, chove mel e mosto [13].
  • Cando é moita a cera na igrexa está o abade de festa [14].
  • Canto máis doce é o mel, máis zugan as abellas nel [15].
  • Chuvia polo agosto é mel e mosto [16].
  • Con mel cóllense as moscas [9].
  • De Dios vén o ben e das abellas o mel.
  • Debaixo de mel hai moitas veces fel [17].
  • Despois das uvas e mel sabe mal o viño, pero fai ben.
  • En abellas e en ovellas nunca metas o que teñas.
  • En abril morre a fraca; a colmea, non a vaca [18].
  • En agosto chove mel e mosto.
  • En pombas e en abellas nunca metas o que teñas.
  • En xaneiro xa a abella pon os pés no salgueiro.
  • Enxame de maio vale un bo cabalo [6].
  • Enxame probe, no inverno nace e no maio morre [6].
  • Enxame probe, se do inverno sale no maio morre [6].
  • Enxamio pobre, se do inverno sae, en maio morre.
  • Esta nosa filla non dá tino a naide; nin é mel, nin fel, nin vinagre [19].
  • Facédevos mel, e comeranvos as moscas [6].
  • Máis moscas se pillan con mel ca con fel.
  • Máis moscas xunta covo de mel que ola de vinagre [9].
  • Máis moscas xunta entena de mel que ola de vinagre.
  • Máis val pan con mel que pan sin el [20]
  • Marzo marzán, cara de can; a mediodía enxamea a colmea e a noite morre a abella [21].
  • Marzo, marzán, pola maña cara de can, a medio día zoa a abella e á noite mata a vella.
  • Miguel, Miguel, non tes abellas e mais vendes mel [22].
  • Moscas comen o mel i o gando.
  • Non é o mel pra boca do burro [9].
  • Non está feito o mel prá boca do burro.
  • Non hai máis cera ca que arde.
  • Non hai mel sin fel [9].
  • Non se fixo o mel pró fuciño do porco [9].
  • Non sea tanta a cera que prenda lume [14].
O enxame de abril, pra min; o de maio, pra meu amo, i o de San Xoán, pro can
O enxame de abril, pra min; o de maio, pra meu amo, i o de San Xoán, pro can
  • O enxame de abril, pra min; o de maio, pra meu amo, i o de San Xoán, pro can [6].
  • Ó porco teixo non o quer San Antón porque arrouba a cera de alumear ó Señor.
  • Ó que ha de morrer ás escuras non lle importa ser cereiro.
  • O que mata unha abella ten cen anos de pena [1].
  • O que mata unha abella, ten cen anos de pena; o que mate un abellón ten cen anos de perdón.
  • O que rico quer ser, catro cousas ha de ter: cabras, ovellas, abellas e muíño onde moer.
  • O que rico quer ser, istas cousas ha de ter: cabras, ovellas, abellas e muíño onde moer.
  • Ó que se fai mel cómeno as moscas.
  • Ó que se volve mel, cómeno as moscas [9].
  • O que ten moito mel, cómeo con pan, cómeo sin el, ou cómeo como quer [23].
  • O viño con mel sabe mal e fai ben [24].
  • Ofrece-lo pez, que a cera vai cara.
  • Os recíos de agosto son mel e mosto [5].
  • Ovella e abella, e pedra que trebella, e péndola tras da orella, cobizaba pró seu fillo a vella.
  • Ovella vella e enxamio probe, no maio morre.
  • Ovella, abella, pedra que trebella e péndola tras da orella, cobizaba para o seu fillo a vella.
  • Ovella, abella, pedra que trebella, partes na igrexa e péndola tras da orella, deseaba para o seu fillo a vella.
  • Ovellas e abellas nas túas devesas e non nas alleas.
  • Ovellas, abellas e lentellas, todas son consellas.
  • Polo San Miguel están as uvas o mesmo que mel [25].
  • Polo San Miguel sabe o touciño a mel [25].
  • Prá boca do burro non se fixo o mel.
  • Quen anda co mel chúpase os dedos [9].
  • Quen anda co mel sempre se lle apega algo del [9].
  • Quen con mel trata, ben sabe o que é doce [9].
  • Quen rico ser queira, estas cousas ha de ter: ovella e abella e a pedra que terbella, egua parideira e muller goberneira.
  • Quen se fai de mel, cómeno as moscas [9].
  • Quen todo é mel, cómeno as abellas [9].
  • San Pedro por unha abella matounas todas.
  • Sancristán que vende cera e non ten colmea, que o digan as velas da eirexa.
  • Se queres mel, por San Miguel.
  • Se queres ter abellas mira por elas nas Candeas, e se queres ter mel mira polo san Miguel[26]
  • Se queres ter abellas míraas polas Candeas, e se queres ter mel míraas polo san Miguel [1].
  • Se te morde a donicela, busca viño e busca vela, que mañán che darán terra [27]
  • Se te roi un alacrán, busca a cera e mais o pan, e se te roi a adelouciña, búscaos aínda máis axiña.
  • Se tivéra-la túa casa a arder, a túa muller a morrer, e no teu cu un abelleiro, ¿a quen acodirías primeiro?
  • Todos ó mel e todos ó fel [28].
  • Unha mala abella revolve un cobo [1].
  • Unha mala abella revolve unha colmea [1].
  • Unha mestra pra moitas abellas e un pastor pra moitas ovellas [1].
  • Unto de porco e mel das abellas fervidos en viño e ... ¡fóra catarreira!
  • Vinagre e mel saben mal e fan ben [29].
  1. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Eladio Rodríguez González, s. v. abella.
  2. 1 2 Eladio Rodríguez González, s. v. auga.
  3. ↑ Sobexo significa demasiado, excesivo. Eladio Rodríguez González, s. v. cera.
  4. ↑ Real Academia Galega 1913, s. v. agosto. No orixinal: chuva, non e chuva.
  5. 1 2 Eladio Rodríguez González, s. v. agosto.
  6. 1 2 3 4 5 6 7 Eladio Rodríguez González, s. v. enxame.
  7. ↑ Real Academia Galega (1913-, s. v. ano.
  8. ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. ano.
  9. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 Eladio Rodríguez González, s. v. mel.
  10. ↑ A Madalena celébrase o 22 de xullo. Eladio Rodríguez González, s. v. abella.
  11. ↑ Saudade nº 3, maio 1943, 24-25. No orixinal: da.
  12. ↑ Real Academia Galega 1913, s. v. auga.
  13. ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. chover.
  14. 1 2 Eladio Rodríguez González, s. v. cera.
  15. ↑ Saudade nº 3, maio 1943, 24-25. No orixinal: avellas, nél.
  16. ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. chuvia.
  17. ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. mel, s. v. debaixo.
  18. ↑ Aníbal Otero Álvarez (1977).
  19. ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. fillo.
  20. ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. pan. No orixinal: él.
  21. ↑ Elixio Rivas Quintas (1978).
  22. ↑ Elixio Rivas Quintas (1988). No orixinal: nâo, abelhas.
  23. ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. mel. No orixinal: tèn, él.
  24. ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. viño.
  25. 1 2 Eladio Rodríguez González, s. v. San Miguel.
  26. ↑ As Candeas ou a Candelaria é o 2 de febreiro; e san Miguel, o 29 de setembro.
  27. ↑ A vela fai referencia ós cirios que se poñen rodeando ó cadaleito.
  28. ↑ É dicir, hai que andar ás duras e ás maduras. Elixio Rivas Quintas (1978).
  29. ↑ Eladio Rodríguez González, s. v. vinagre.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]