Saltar ao contido

Reforma Democrática

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Reforma Democrática
 Instancia de
 Posición política
Persoas e organizacións
 Presidente/a
Datas
 Fundación / creación
1976 Editar o valor en Wikidata
 Disolución / destrución
1977 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Sede
 Área de operación
 País
Identificadores
VIAF129724295 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Reforma Democrática (RD) foi unha efémera asociación política (protopartido) española de ideoloxía conservadora. Foi fundada en 1976 por diversas personalidades procedentes da ala moderada e tecnócrata do franquismo e participou no proceso de constitución de Alianza Popular, disolvéndose ao ano seguinte (1977).

Antecedentes

[editar | editar a fonte]

Ao abeiro da Lei de Asociacións Políticas aprobada polas Cortes franquistas en 1974, que autorizaba por primeira vez a creación de estruturas de participación política (as asociacións políticas) fieis aos principios do Movemento Nacional, diferentes sectores moderados do réxime organizáronse baixo a dirección de Manuel Fraga Iribarne co obxectivo de constituír unha formación política de carácter conservador orientada cara a unha reforma limitada do sistema franquista.

Para ese fin constituíuse en Madrid a sociedade anónima Gabinete de Orientación y Documentación (Godsa), cuxa actividade se concretou, entre outras iniciativas, na elaboración do Libro Blanco para la Reforma Democrática e no Llamamiento para una Reforma Democrática. Ambos documentos constituíron a base da asociación política Reforma Democrática, inscrita no Rexistro de Asociacións Políticas do Ministerio do Interior en outubro de 1976.

[editar | editar a fonte]

O 29 de decembro dese mesmo ano (1976) celebrouse o I Congreso Nacional de Reforma Democrática, no que se aprobou a integración de RD en Alianza Popular e se elixiu o Comité Executivo Nacional,[1] sendo elixido presidente Manuel Fraga Iribarne e secretario xeral Carlos Argos García.[2]

En paralelo ao despregamento de Reforma Democrática, o contorno de Manuel Fraga estableceu contactos con outros sectores afíns dos cadros dirixentes moderados do franquismo, entre os cales se contaban exministros como Laureano López Rodó ou Federico Silva Muñoz. Estes contactos, que culminaron na creación de Alianza Popular, dividiron os integrantes de RD, algúns dos cales—como Gabriel Cisneros—,[3] abandonaron o proxecto en rexeitamento á perspectiva de integración con outros grupos da dereita franquista.

Os días 5, 6 e 7 de marzo de 1977 celebrouse o Congreso constituínte de Alianza Popular, froito da converxencia e fusión de Reforma Democrática con outras iniciativas semellantes. Neste Congreso disolvéronse a maioría das asociacións políticas participantes, incluída Reforma Democrática, na Federación de Partidos de Alianza Popular.

Personalidades relacionadas con RD

[editar | editar a fonte]
  • Jorge Verstrynge, ex-vicesecretario de acción territorial de RD e un dos seus fundadores.
  1. Esteve, Francisco (1977). Elecciones 1977. Manual del Elector (en castelán) (Primeira ed.). Ediciones MAYLER S.A. p. 98. 
  2. "Fraga, presidente del partido por aclamación". El País. 30 de decembro de 1976. Consultado o 5 de agosto de 2025. 
  3. «De cuando Alianza Popular nació con siete padrinos», El País, 8 de outubro de 2006.
  4. "Rita Barberá, un cuarto de siglo en la alcaldía de Valencia". OkDiario. 23 de novembro de 2016. Consultado o 5 de agosto de 2025.