O 5 de novembro de 2024 celebrouse un referendo sobre o status político de Porto Rico. Este plebiscito celebrouse ao mesmo tempo cas eleccións xerais de Porto Rico e as dos Estados Unidos de 2024. Este referendo non vinculante presentou tres opcións sobre o status político de Porto Rico: converterse nun estado da unión, a independencia e a libre asociación. De acordo cos resultados finais, 540.635 persoas (57%) votaron por converterse nun estado, 293.224 persoas (31%) votaron pola libre asociación e 116.834 (12%) pola libre independencia.[1][2][3][4] O status político de Porto Rico segue a ser un debate aberto.
Papeleta do referendo sobre o status político de Porto Rico de 2024
O referendo contou con tres opcións na seguinte orde: independencia con libre asociación, converterse nun estado e independencia.[5] Foi a primeira vez que manter o estado actual da illa como territorio estadounidense non era unha das opcións.[6] Téñase en conta que a libre asociación tamén foi unha opción nalgúns referendos máis antigos, e a estrutura das opcións de votación variou ao longo do tempo.