Referendo de independencia do Kurdistán iraquí de 2017

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
             Kurdistán iraquí             
Referendo sobre a independencia do Kurdistán iraquí
     Fronteiras oficiais da rexión do Kurdistán iraquí.     Territorio capturado polo Kurdistán iraquí dende xuño de 2014 até marzo de 2017     Outros territorios reclamados polo Kurdistán iraquí.     Resto de Iraq.
25 de setembro de 2017
Tipo Referendo
Debate(s) Quere que a rexión do Kurdistán e as áreas fóra da administración kurda se convertan nun estado independente?

Demografía electoral
Votantes 3 440 616
Si
  
91.83%
Non
  
8.17%

O referendo sobre a independencia do Kurdistán iraquí, tamén coñecido como Kurdistán do sur (Bashur en lingua kurda) para o pobo kurdo que defende a integración dos diferentes territorios nun só, o Kurdistán, é un referendo non vinculante que se celebrou o 25 de setembro de 2017 no Kurdistán iraquí e que incluíu as áreas de Kirkuk, Makhmour, Sinjar e Kanakin.[1][2] A organización do referendo recaerá sobre o Goberno Rexional do Kurdistán (coñecido como KRG polas súas siglas en inglés), presidido por Masud Barzani, quen anunciou o referendo o 7 de xuño de 2017 co apoio da maioría dos partidos políticos da rexión: Partido Democrático do Kurdistán (KDP), Unión Patriótica do Kurdistán (PUK), Unión Islámica do Kurdistán (KIU), Movemento Islámico do Kurdistán (KIM), Partido Comunista do Kurdistán, Partido dos Obreiros do Kurdistán, Partido do Desenvolvemento e a Reforma do Kurdistán, a lista dos turcománs de Arbela, Fronte Turcomá Iraquí, Movemento Democrático Turcomán no Kurdistán, a lista armenia do Parlamento do Kurdistán, Movemento Democrático Asirio e o Consello Popular Caldeo-Siríaco-Asirio.[3]

O anuncio dunha data concreta demorouse[4][5] por mor da cooperación entre as forzas Peshmerga e o exército iraquí durante a batalla para liberar a cidade de Mosul,[6] malia que o goberno kurdo non agochara as súas intencións de realitzalo e meses atrás xa se pronunciar sobre a celebración.[2]

Notas[editar | editar a fonte]